Skip to Content

Xeral biblioteca

Guía de lectura verán 2022

Presentamos as nosas recomendacións lectoras para este verán 2022 dende a biblioteca do CEIP Baíñas,

Se non vedes o documento adxunto pinchade aquí. 

 

23 F DÍA DE ROSALÍA 2022

Ola, comunidade educativa do CEIP Baíñas!!

Nesta semana, ademáis do Entroido, celebramos o Día do nacemento de Rosalía de Castro, que a partir deste ano será o 23 de febreiro.

Fixemos uns vídeos recitando e cantando algúns dos seus poemas, utilizando a técnica do "Croma" ou fondo verde.

Agardamos que vos gusten, desfrutádeos! 

 

 

GUÍA DE LECTURA NADAL 2021

A/A do alumnado e familias:

Aquí están as nosas recomendacións lectoras para este Nadal, agardamos que as disfrutedes!!

Pinchade na imaxe ou no arquivo adxunto para descargar a guía.

Dende o equipo de Biblioteca desexámosvos...FELICES FESTAS!!

 

CONCURSO LITERARIO DE RELATOS CURTOS 2020-21

O día 22 de xuño tivo lugar a entrega de premios aos participantes no VI concurso literario de relatos curtos. As premiadas este ano foron:

1º premio: Noa Domínguez Antelo de 4º de primaria, por "A Natureza"

2º premio: Antía Vilariño López de 3º de primaria, por "Nai Natureza"

3º premio: Paula Danis Domínguez de 4º de primaria, por "A vida dos gandeiros"

Noraboa ás premiadas e o noso agradecemento ao alumnado participante!!

 

   

POÑEMOS A NOSA HORTA

O alumnado do Centro puxemos a nosa horta, que levaba tempo abandonada.

O alumnado de Ed. Infantil animouse coas leitugas, o alumnado de 1º e 2º usaron un carriño moi xeitoso e os maiores cultivamos leitugas, tomates e pementos.

Procuramos que todo fose o máis ecolóxico posible, usamos compost para abonar a horta, e sen pesticidas nin herbicidas, usamos unha cuberta transpirable para evitar que aparecesen as malas herbas.

Gustounos moito atendela, e ben seguro que repetiremos esta grande experiencia.

  

   

  

XELA ARIAS: LETRAS GALEGAS 2021

Durante o mes de Maio celebramos o mes das Letras Galegas, este ano adicado á poeta e editora Xela Arias.

Celebrámolo coa lectura dalgúns dos capítulos do seu libro titulado: Non te amola!, un libro inédito da autora, por ser este en prosa e porque narra aspectos da súa propia vida cando era unha nena de nove anos.

Ademáis fixemos uns obradoiros de poesía para o alumnado dende 4º a 6º curso, organizados en colaboración coa AELG (Asociación de escritores e escritoras en lingua galega), e impartidos presencialmente en cada aula pola escritora e xornalista Andrea Barreira baixo o título: "Cada día, a familia".

Ademáis o alumnado de Infantil, 1º e 2º fixeron uns debuxos alusivos á homenaxe, e os de 5º e 6º curso uns marcapáxinas conmemorativos, de diseño propio, coa impresora 3D.

          

 

 

8 de Marzo, Día Internacional da Muller

O pasado día 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión e tendo en conta que estabamos a crear conciencia medioambiental celebrámolo coñecendo e lembrando a aquelas mulleres que tiveron un papel relevante tanto na defensa da natureza coma na conservación do medio ambiente: Dian Fossey, Jane Goodall, Greta Thunberg,...

Fixémolo a nivel aula coa elaboración de pequenos murais, biografías e tamén utilizando a impresora 3D, onde imprimimos uns medallóns alusivos a estas grandes mulleres e outros co gallo do Día de Rosalía de Castro.

             

              

ENTROIDO 2021

Neste curso o ENTROIDO quedou un tanto restinxido debido a COVID. 

A pesares das actuais circunstancias celebrámolo á nosa maneira: 

1º Participamos nos mandados do MECO

2º Elaboramos un libro de receitas e postres típicos.

3º Difrazámonos de Pediatras e Matronas para reivindicar, xunto coas familias, a carencia deste servizo na nosa bisbarra. 

Ao tempo que, tamén, dalgunha maneira, queriamos homenaxear a todo ese personal sanitario que estivo e está "en primeira liña fronte ao virus!"

FOTOS

    

   

Distribuir contido


by Dr. Radut