Skip to Content

Taboleiro

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

A/A das familias:

Ábrese o prazo para solicitar becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo a cargo do Ministerio de educación.

Dende o departamento de Orientación deixámoslles o enlace á web: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.htmldo Ministerio onde ven a convocatoria e os requisitos para pedir as axudas e descargar os formularios.

Ante calquer dúbida, consultar coa Orientadora.

Atentamente, o departamento de Orientación.

NADAL 2023

O pasado 21 de decembro celebramos o Nadal no CEIP Baíñas. Para comezar tivemos a visita de Papá Noel, e a continuación fomos a patinar á pista de xeo do Concello. De volta degustamos unha boa chocolatada con churros e para rematar cantamos unhas cantigas e panxoliñas para despedir o ano como se merece.

Foi un gran día!

         

 

GUÍA DE LECTURA VERÁN 2023

Querido alumnado e familias:

Coma cada fin de curso enviámosvos as nosas recomendacións lectoras dende o CEIP Baíñas:

 

Bó Verán Lector!!

ENQUISAS SOBRE O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

Presentamos unha serie de enquisas sobre o funcionamento da Biblioteca do CEIP Baíñas.

NOTA: A enquisa para o alumnado solo pode ser cuberta polo alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria.

Por favor pinchen no enlace correspondente.

MOITAS GRAZAS!!

- Enquisa para o profesorado do CEIP Baíñas

Enquisa para o alumnado do CEIP Baíñas

Enquisa para as familias do CEIP Baíñas

 

 

O PILABOT: RECICLA AS TÚAS PILAS!!

O pasado 2 de febreiro, tivemos unha charla do "Pilabot", un interesante programa sobre o funcionamento e a reciclaxe de pilas e baterías.

 Ao remate, fixemos un Kahoot sobre o tema e saíunos moi ben!

 

Guía de lectura Nadal 2022

Dende a biblioteca do CEIP Baíñas queremos agasallarvos coas nosas recomendacións lectoras para este Nadal 2022, e desexarvos que pasedes unhas:

Felices Festas !!

Pincha aquí se queres descargar a guía.

Plan dixital de Centro

En cumprimento coa normativa vixente, neste enlace atoparedes os distintos plans dixitais de centro do CEIP Baíñas.

Nota: Se non podedes abrir o documento facede "click" no adxunto

1- Plan dixital de Centro do CEIP Baíñas 2022-23

Distribuir contido


by Dr. Radut