Como xa fai nove anos cada fin de curso, o pasado20 de xuño, fixemos entrega aos participantes e aos gañadores do IX concurso de Relatos Curtos do CEIP Baíñas.
Foi o ano con máis participación con preto dun 99%. Todo un récord!
Este certame, consistía en presentar un texto que tratase sobre algún tema da nosa contorna. Houbo un gran nivel, pero finalmente os gañadores foron...
O pasado venres 3 de maio o alumnado de 6º curso de Ed, primaria, presentounos o Punto Laranxa: Unha iniciativa da Consellería de Educación para denunciar o acoso e/ou o ciberacoso escolar.
O Punto Laranxa estará exposto no corredor das aulas do 2º piso, a carón da Biblioteca, e tamén haberá un servizo onlinede denuncia na propia web do Centro.
Se alquénse sinte acosado/a e/ou sabe de alguén que poda estalo, solo ten que deixar unha mensaxeno buzóndo Punto Laranxa e a súa demanda será atendida polos mestres/as encargados.
O venres día 9 de maio, tivemos conosco a Aparicio, mestre oleiro de Buño, famosa localidade da Costa da Morte, por ser unha das vilas mais famosas que traballou sempre, e ainda traballa, este oficio artesán e trata de que non se perda.
Por este motivo tivemos uns obradoiros con el. Fixemos varias pezas de barro e ensinounos como debemos traballalo.
Xa tiñamos algunha experiencia posto que fai dous anos visitamos o Ecomuseo da Olería desa localidade.
O pasado 7 de maio tivemos uns obradoiros a cargo da Consellería e o departamento de Augas de Galicia, sobre os beneficios e os riscos da auga. Concretamente como podemos previr riscos coma as inundacións. Estiveron enfocados ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.
Un tema, por desgracia cada vez máis a ter en conta nos últimos tempos, por mor de factores coma a deforestación, ou o cambio climático.
Un tema que nos conecta de chéo coa realidade do noso planeta.
Relacionado co noso proxecto de coñecemento da nosa contorna, o pasado xoves 30 de maio de 2024, visitamos por primeira vez, logo de moitos anos a industria mineira máis próxima ao noso Centro, xa que apenas está a catro kilómetros de distancia do noso Centro.
Fomos recibidos por Cecilia, a directora da mina e o seus compañeiros. Tamén nos agardaba Mónica, a alcaldesa de Vimianzo.
Como vedes foi unha gran benvida!!
Pero o mellor estaba por vir. Primeiramente tivemos unha charla informativa sobre a mina, a extracción do caolín e os uso na industria ( na construcción, na cosmética,...). Seguidamente, puxemos o traxe de mineiro e visitamos a mina, onde observamos como extraían o mineral e o cargaban nos lagartos (camións). De volta ás instalacións fixemos manualidades con caolín e por último, como nos ensinaron, plantamos vinte árbores autóctonas para repoblar o monte que antes fora unha das canteiras onde se extraía o mineral. Pois quedounos claro que temos que ter un desenvolvemento sostible e explotar os recursos pero deixar logo o noso medio ambiente igual ou incluso mellor do que estaba.
Non queremos esquecernos de dar as grazas a Cecilia e a todo o personal encargado da explotación que nos atenderon de marabilla e ainda por riba viñemos cargados de agasallos!