Skip to Content

Deportes

SURF NA NOSA CONTORNA

Para estrenar as saídas do mes de maio estrenámonos na praia de Arou facendo surf. E xa que tiñamos experiencia do curso pasado, esta vez saiunos a todos moito mellor!

Esta actividade estivo dirixida a Ed. Primaria e os cursos de 1º, 2º e 3º foron o luns día 7 de maio e os de 4º,5º e 6º curso foron o martes día 8.

Pero como saberedes, non só aprendemos surf, se non que aprendemos a respectar as nosas costas e recollemos lixo e peles, que por desgracia este ano chegaron a moreas!

Ademais, tamén aprendemos a escoitar o que o mar nos decía...e así aprender sobre as correntes, as mareas, cando son as mellores horas para facer surf ou saír ao mar. E por suposto a poñer o traxe de neopreno ou coidar as nosas táboas de surf.

Toda unha divertida experiencia de aprendizaxe!

PROGRAMA XOGADE CURSO 2023-24

Outro curso máis apostamos por manternos sans participando no programa XOGADE onde se fomenta o deporte e os hábitos saudables.

A primeira carreira foi en Cee o 19 de xaneiro e os que se clasificaron participaron tamén na fase intercomarcal en Noia o 27 de febreiro.

Parabén aos nosos campións e campionas, e tamén a todos/as os/as participantes.

Hai que mover o esquelete raparigos!!

SURF EN AROU

A volta das vacacións de Semana Santa tivemos uns cursos de iniciación ao Surf para todo o alumnado do Centro, onde Gabi e David, da escola de Surf de Camariñas ensináronos a facer surf a todo o Centro alumnado e profesorado. Fixérono fenomenal e foi unha experiencia fantástica. Tomamos contacto coa natureza, ensináronos a coidar as nosas costas, e o mar. Tamén a ter seguridade á hora de facer este deporte.

Finalmente, convocamos ao "Deus" das ondas e a verdade é que nos fixo caso, viñeron e... pasámolo pipa!

   

PATINA PERO NON CAIAS!!

O Concello de Vimianzo, coma o ano pasado abriu a pista de patinaxe sobre xeo e fomos estrenala o pasado día 15 de decembro.

E é que xa somos uns excelentes patinadores e patinadoras. Qué estilazo!!VIVA!!

 

 

  

 

  

Plan Proxecta Actividades varias 2016/2017

No plan Proxecta tamén fixemos diferentes saídas como as que podedes ver aquí. Algunhas delas foron ao museo do xoguete en Ponteceso, ao Galipark en Padrón...

Ademais durante os meses de outono organizamos xogos tradicionais nos que participamos todo o centro educativo.

Tamén realizamos ioga infantil, xogos populares, actividades de relaxación e actividades de expresión corporal co alumnado de Educación Infantil durante unha das horas de psicomotricidade.

Proxecta Andaina infantil-1ºprimaria

En relación ao programa Xogade o alumnado de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria realizamos unha andaina a pé ata a área recreativa do Val. Alí merendamos e xogamos!!

Proxecta Xogade 2016/2017

Durante o presente curso escolar, o alumnado de 3º a 6º curso de Educación Primaria participaron no Xogade realizando carreiras de campo a través en diferentes localidades da nosa comarca. A nivel de centro realizáronse entrenamentos, ligas internas (baloncesto, bádminton, floorball, carreiras de atletismo, salto de altura e lonxitude) entre outras actividades, coa colaboración de todos os mestres e mestra do noso colexio.

Plan Proxecta 2016/2017

No noso centro promocionamos moito o deporte para o fomento dunha vida saudable. Porén, todo deporte debe ir acompañado dunha boa alimentación. Por iso, fixemos un taller de elaboración de pan de millo co alumnado de educación infantil e 1º de educación primaria e unha horta escolar na que participamos todo o centro. Que ricos estaban os produtos da nosa horta! Mmmmmmm

Campo a través - Cee (4/12/2015)

 

     

      

       

      

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut