INICIO CURSO 2024-2025 O día 11 darán comezo as clases do novo curso 2024-2025. Como cada inicio de curso ... LISTADO LIBROS DE TEXTO Clica aquí para acceder ás novas do noso colexio.
|
|||
|
|||
|
|||
PLAN DE AUTOPROTECCIÓN PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID Novo protocolo covid da Consellería de Educación (Xunta de Galicia) 20 de maio de 2022. Protocolo do CEIP As Forcadas Débese ter en conta que o que entre en conflito coa última versión do protocolo da Consellería non terá efecto práctico. COMUNICADO DA XUNTA SOBRE USO DE MÁSCARA |
|||
No seguinte enlace podedes ver as normas de usa da biblioteca para o curso 2020/2021 |
|||
Dende o CEIP As Forcadas queremos recordarvos que esta semana do 20 ao 24 de abril conmemórase a semana do libro. Dadas as especiais circunstancias, non o poderemos festexar como se merece, pero aínda así queremos salientar a importancia dos libros e da lectura na nosa vida. Por iso gustaríanos proporcionarvos acceso a algúns materiais de lectura gratuíta online. Por suposto, é solo unha proposta de lectura optativa, xa que seguro que estades a ler moito e nas vosas casas atopades moitos outros libros e lecturas. Ánimo e Saúde
|
|||
Os nenos e nenas de terceiro e cuarto curso de Educación Primaria, quérenvos facer chegar este vídeo dende as súas casas para que o confinamento sexa máis levadeiro. Mirade a enerxía que se gastan! Desexamos que vos guste COVID QUE TE VIN (preme) |
|||
O departamento de orientación organizou unha proposta para comemorar o Día Mucial do Síndrome de Down https://agueiro.xunta.gal/view/view.php?t=qDGS4VtrR9TKfXBLknIv |
|||
Hoxe celebramos o 8 de marzo na escola e para conmemorar este día que mellor que contar coa presencia de dúas das mulleres que aparecen reflexadas nas biografías do noso fanzine: Corme mar e terra: o papel das nosas mulleres. Uxía ilustrou a vida da súa avoa Rosalía e Fiz a da súa nai Eva. Foron hoxe elas dúas, Rosalía e Eva as que nos achegaron como é a vida e como foi no pasado de dúas das mulleres que viven no noso territorio. Tanto Eva como Rosalía fixeron fincapé nos múltiples traballos que desenvolven ao longo dun só día e foi Rosalía, xa xubilada, á que nos achegou un pouquiño de historia sobre o papel que mulleres coma ela xogaron en Corme nun pasado moi recente. Para máis info pincha AQUI
|
|||
Na súa segunda edición para o CEIP As Forcadas, chegan os contos de sabedoría para e botrato da man do conto "A pequena loba". No marco dos contrato programa, na liña de actuación adicada á mellora da convivencia escolar, desenvolveremos durante o mes de abril obradoiros conxuntos para familias e alumnado. Con dinámicas vivenciais e participativas, experimentaremos a través deste conto que ten como protagonista unha lobiña, o que é o respecto e a axuda mutua e as posibilidades de cambio persoal e relacional que as persoas, crianzas e adultas, podemos experimentar. Este obradoiro será impartido por Olalla Villaronga Seoane, psicóloga social experta en Terapia do Reencontro. Abrimos xa o periodo de inscrición para familias e alumnado. Animádevos co botrato! |
|||
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »