RESERVA DE PRAZA CURSO 2023-2024
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (neste caso, no CPI Mosteiro-Meis), para os efectos de RESERVA DE PRAZA neste, deberá presentar no centro de orixe (CEIP Armenteira) ou a través da aplicación “admisionalumnado” o formulario normalizado ED550A (Anexo I e Anexo I-bis) entre os días 16 de xaneiro e 6 de febreiro.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva a través destas tres opcións:
- Informaticamente e presentala de xeito manual no centro. Pódese descargar o formulario no documento adxunto a esta publicación ou na aplicación “admisionalumnado” https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado (solicitudes-reserva-crear).
- Informaticamente e asinala en Sede Electrónica (precísase Chave 365 ou certificado dixital) a través da aplicación “admisionalumnado” https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado (solicitudes-reserva-crear).
- Manualmente e presentala asinada presencialmente no centro de orixe: CEIP Armenteira (solicitando o Anexo I e o Anexo I-bis en dito centro).
IMPORTANTE:
- Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (CEIP Armenteira) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
- O alumnado que ten reservada praza no centro adscrito, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicar por escrito a renuncia á reserva antes do 1 de Marzo de 2023.
- O alumnado que NON continúe os estudos no centro adscrito (é dicir, os que decidan ir a outro Instituto de Educación Secundaria que non sexa o CPI Mosteiro-Meis), non poderán reservar praza, e directamente presentarán a Solicitude de Admisión no mes de Marzo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550A-G.pdf | 1.23 MB |