Coidado, coidado, xa están aquí!!

No colexio xa está case todo preparado todo para a Festa do Samáin.

Calacús,morcegos, momias, vampiros, monstruos, meigas,  pantasmas e demais.

 

Coñecer as plantas e froitos do noso monte.

Nestas semanas de bo tempo, fixemos algunha saída cos máis pequenos de Primaria para que coñeceran  e recoñeceran as distintas árbores  autóctonas do monte que temos máis preto do colexio como: loureiros, carballos, castiñeiros, maceiras,... ver os froitos que producen algunhas delas. Tamén observamos os insectos que habitan nalgúns troncos e follas secas.

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, con ese motivo realizáronse no colexio distintas actividades que xiraron entorno a este espazo.  Desde o centro queremos potenciar este espazo a través de distintos recursos de animación á lectura, xa que   todas e todos teñen cabida nel.

Coñecendo os instrumentos

Nas clases de música imos probando distintos instrumentos que tran @ nen@s e a profe, así tamén aprendemos a clasificalos:

 

 

  -percusión ( medeira, metal e pel);

Educación Plástica

Unha imaxe vale máis que mil palabras. Momentos artístiscos.

DÍA DA NENA

Con motivo da celebración dos dereitos de todas as nenas a vivir nun mundo "sen medos", os rapaces de 1º e 2º de EP  escoitaron a historia dunha nena que pode ser como nós ou coma vós.

AS PLANTAS EN 1º E 2º DE EP

Na aula de 1º e 2º de EP están traballando en ciencias da natureza a temática das plantas,así que a mellor forma  de aprender e participando e  traendo  tod@s algunha flor ou planta da casa. 

 

 

 

Saída ao Monte Castelo

Aproveitando o bo tempo @s nen@s de 5º e 6º fixeron o xoves  senderismo na nosa contorna. A ruta que fixeron foi a que vai desde o noso Centro ata o Monte Castelo. 

Welcome Dean! O noso auxiliar de conversa.

Neste curso 2018-2019 o noso colexio participa dentro do Programa de Auxiliares de  Conversa .O mércores 3 de outubro dímoslle a Benvida ao noso Centro:      WELCOME DEAN!!

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30
Distribuir contido