VIAXAMOS A COLOMBIA

Todo o colexio de Ardán mergullouse no coñecemento cultural, artístico e gastronómico dun país marabilloso como é COLOMBIA. Grazas a visita de dúas mulleres colombianas, as cales explicaron a tod@s @s nen@s onde se atopa o seu país, cales son as súas bandeiras, costume, instrumentos, artístas e famos@s  que tamén naceron alí,..

Beep boops nas aulas de Ardán

Nestas semanas andan uns pequenos robots, en forma de abellas, nas aulas de Infantil e 1º-2º EP. As actividades que se realizan con eles son para traballar a orientación espacial, os conceptos de lateralidade (esquerda, dereita) e de adiante-atrás. Permitindo aumentar ou disminuir a súa dificultade.

Todo un logro para os máis cativos!

Semana da Prensa

Na  Semana da Prensa recibimos no colexio todos os días o xornal para traballar con el nas aulas .

DESFILE ENTROIDO POR SEIXO

Algunhas familias do colexio de Ardán participaron  nas comparsas do Entroido de Seixo, desfilando polas rúas de Seixo cos distintos traxes dos países do mundo.

Aínda que no cole xa fixemos o xuízo ao noso Entroidiño aventureiro, sempre está ben alongar un pouco máis o ambiente festivo e xuntarse a pasar un rato divertido.

XUÍZO DO ENTROIDIÑO

Chegou xuízo ao noso Entroidiño Aventurero polos seus actos. Un xuíz foi o que fixo o veredicto, pero previamente escoitou tanto ás e aos fiscais como as defensoras e defensores.

Algunhas das súas argumentacións foron:

Fiscais 

IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

No CEIP de Ardán esforzámonos por educar día a día ao noso alumnado na igualdade entre mulleres e homes. Intentando concienzalos porque esa igualdade sexa factible en todos os ámbitos. Para que non sexa unha utopía, senón unha realidade e elas e eles teñan as mesmas oportunidades nun futuro non moi lonxano.

ENTROIDO 2019: VIAXANDO POLO MUNDO...E POLAS REDES

No cole xa empezamos  estos días coas ordes do  noso

Entroidiño viaxante.

O venres 1 de marzo celebraremos o Entroido "Viaxando polo mundo... e polas redes". Toda a Comunidade Educatica está invitada a participar da nosa festa e disfrazarse!!

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30
Distribuir contido