DÍA DAS BIBLIOTECAS
O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, con ese motivo realizáronse no colexio distintas actividades que xiraron entorno a este espazo. Desde o centro queremos potenciar este espazo a través de distintos recursos de animación á lectura, xa que todas e todos teñen cabida nel.
Entre elas a visita dun contacontos, na que máis grandes e pequenos gozaron das súas historias: un ratiño Pérez moi especial, a Barry Power ( unha vasoira con moitos accesorios). Descubrimos que hai varios nen@s que non teñen medo aos monstruos, grazas ao truco das tres palmas e a lanterna.