Ed. Infantil

TIVEMOS 9 OBRADOIROS DE PERCUSIÓN CON RECICLADOS PARA TODO O ALUMNADO, PAGADOS POLA ANPA.

O longo da semana, José da empresa MATRACALA- Actividades lúdicas e educativa- desenvolveu no noso centro, un singular obradoiro creado para promover a expresión a través dunha das disciplinas musicais máis apaixonantes, a percusión. En total foron 9 obradoiros para os diferentes cursos, con diferentes actividades e graos de dificultade.

Neles promoveu por unha banda, a reciclaxe de obxectos para darlles un novo uso, moi lúdico e divertido a libre expresión do alumnado a través de instrumentos de percusión realizados con materiais reciclados, dándolles un novo uso musical e divertido, e a resonancia do propio corpo.

A actividade proposta polo centro, resultou gratuíta porque foi pagada pola nosa ANPA. Moitas grazas de novo pola vosa colaboración, axudándonos a complementar o noso proxecto educativo con outras persoas, recursos e actividades que o enriquecen.

 

 

 

TIVEMOS UNS OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Desenvolvéronse nas aulas de 6º de Educación Infantil (5 anos), 2º, 4º e 6º de Educación Primaria.

Estes obradoiros ofertados pola Concellería de Igualdade do noso concello, complementan a nosa labor como docentes, porque perseguen que o alumnado, en función das súas idades, vexa os estereotipos de xénero existentes nas tarefas familiares, xogos, relación, no uso da linguaxe, nos medios de comunicación. Quere axudar a formar en valores e actitudes de igualdade que ensinen a compartir dende o respecto, o recoñecemento mutuo, a autonomía e a corresponsabilidade.

Tamén, axudan a previr a violencia sexual, reflexionando sobre as formas, mensaxes e actitudes aprendidos de forma cotiá que implican relacións de desigualdade, e que fomentan actitudes violentas. E amosan  e fomentan outros modelos de relación máis igualitarios en todos os ámbitos e medios de comunicación. 

Videochamada Webex Infantil 4 anos

Este venres día 4 de febreiro a clase de infantil 4 anos está convocada a unha videochamada.

Día: 4/2/22

Hora de inico: 12:40

Para conectarse preman na imaxe inferior

VISITAMOS O CENTRO INTERACTIVO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL NATURNOVA AFUNDACIÓN, PARA PARTICIPAR NA ACTIVIDADE “A LÚA E OS PLANETAS”.

 O noso alumnado de 4º e 5º de educación Infantil e 1º de Educación Primaria, hoxe foi de excursión. Despois de moito tempo, estaban moi nerviosos e pasárono xenial. Na visita aprenderon una chea de cousas sobre o noso satélite natural, a lúa, e sobre todos os planetas. E ademais estiveron nun simulador de submarino. Aquí vos deixamos unhas fotos da visita.

UN BELÉN ENTRE TODOS E TODAS...

  A proposta da Profe Ana de Relixión, o alumnado que quixo e as súa familias poideron participar creando personaxes e obxectos, cos que logo, no colexio,  fixeron este precioso Belén.Noraboa!! porque non lle falta detalle...

 

E así, íamos rematar o proxecto: cunha gran exposición!!!

Así foron os últimos días do proxecto dos zapatos...

COMPARTINDO UNHA PRIMAVERA INFANTIL!!!

Distribuir contido