DÍA DA PAZ 2014

 O xoves, día 30 de xaneiro, celebramos o Día Internacional da Paz no colexio. Nesta ocasión recordamos a figura do sudafricano Nelson Mandela, gran defensor da paz e da convivencia, recentemente falecido.

Bailamos todos xuntos a canción "Pata Pata" da cantante Miriam Makeba, tamén sudafricana e, como Mandela, firme defensora dos dereitos humanos. Escoita a canción premendo aquí.

Ademais desenvolvéronse distintas actividades, entre outras a representación da obra de teatro "Líos en el parque" a cargo do grupo de teatro de actividades extraescolares "Nosotras, él y los que lleguen" que foi un gran éxito por divertida e ben feita.

Tamén decoramos o colexio con motivos de paz que, seguindo o tema do ano, chegaron por mar en mensaxes dentro de botellas.

Ao final houbo unha solta de pombas como símbolo da paz.

Ver álbum de fotos

FOMOS VER OS DINOSAURIOS

 

Grazas á colaboración do Concello de Vigo, da ANPA Tintureira e do Colexio, o alumando de primaria do noso colexio foi á exposición Os Días dos Dinosaurios no IFEVI  os días 14 e 15 de xaneiro.

Ver álbum de fotos

NADAL 2013

Estas son as panxoliñas que cantamos:

(Preme nos títulos para ver a letra e escoitar as cancións).

Antes diso disfrutamos da representación teatral do conto "Antón e o Apalpador" e da visita de Abdul, paxe real que recolleu todas as cartas para os Reis Magos.

Tamén houbo actuacións do grupo musical de actividades extraescolares, do profesorado e dun grupo de nais da ANPA que completaron una mañá de ledicia para todos.

Mira o  álbum de fotos

FALANDO DO NADAL

Nestes días en 1º e 2º de Primaria estivemos falando do Nadal e estas son algunhas das cousas que dixemos e que podedes ler nesta montaxe.

BO NADAL

 

DEBUXANDO UNHA PANXOLIÑA


    Os nenos e nenas de 1º fixemos uns debuxos
para acompañar a letra da panxoliña
que imos cantar en Nadal,
BUSCANDO UNHA ESTRELA
Cos nosos traballos preparamos unha pequena montaxe
que queremos compartir con todos vos.
 
DISFRUTADE CON ELA e.....A CANTAR!!!!

VISITAS AO MUSEO DO MAR

Seguindo as recomendacións da Meiga Tintureira, neste curso estamos a aprender sobre o mar e todo o que o arrodea. Para iso nada mellor que empezar por unha visita ao Museo do Mar de Vigo na que os diferentes cursos van facendo actividades adaptadas a súa idade.

 Mira o álbum de fotos

NOVO ASPECTO DO XIMNASIO

Despois do lavado de cara de hai uns meses, o ximnasio volve mellorar o seu aspecto grazas á colaboración dos pais do centro.

Pintáronse no chan as raias precisas para poder practicar unha chea de deportes e xogos. É outra mellora máis que disfrutará toda a comunidade escolar.

Contos de medo no Samaín

Nenas e nenos de 6º aproveitaron as datas do Samaín para "asustar" aos seus compañeiros máis pequenos coa lectura de CONTOS DE MEDO.

A actividade foi moi exitosa e esperamos que se repita.

Mira o álbum de fotos.

O SAMAÍN

O equipo de Normalización Lingúistica do Centro vos achega unha serie de enlaces para que disfrutedes en familia a noite do SAMAÍN.

-Recetas:Chulas de cabaza/Budin de cabaza.

-Canción:"O samaín".

-Conto infantil e actividades:"Marcelina e a noite do samaín".

-Conto:"Fiz o coleccionista de medos".

-Video:"A danza do esqueleto".

Distribuir contido