Orientación

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Informase, dende o Departamento de Orientación, da convocatoria das axudas para alumnos e alumnas con necesidade especìfica de apoio educativo.
-O prazo de presentaciòn è ata o 26 de setembro.
-Os solicitantes deberán,como os cursos pasados, cubrir a solicitude vìa internet neste enlace:
http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil/becas-ayudas-premios/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html
Unha vez cuberta, terán q imprimila,asinala e levala ao gabinete para q cubra o apartado que lle corresponde.
Todo isto xunto co resto da documentación  entregarase  no Departamento de Orientaciòn do colexio o antes posible.
O horario de Orientaciòn será os xoves e venres de 9:15 a 14:15 e os mèrcores de 11:30 a 14:15.
Grazas. Un saúdo.

CHARLA PARA AS FAMILIAS

Desde o Departamento de Orientación gustaríanos agradecer ás familias a súa asistencia á charla celebrada onte no colexio titulada  "A familia como factor de protección fronte ás drogas".

Esta charla está incluída dentro do Programa de Prevención no ámbito familiar do Concello "Máis que un teito". Este programa ademais das charlas para as familias inclúe outras varias co alumnado de 6º de Educación Primaria en horario lectivo.

Lembrámoslles que a próxima charla para as familias terá lugar o martes 30 de abril, en horario de 17:00 a 18:30h, nesta ocasión o título da charla será "Resolución de conflitos".

Agardamos a súa presenza!

BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS SOLICITUDES DE BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS

Dende o Departamento de Orientación querémosvos informar que aquelas familias que desexen solicitar unha Beca para cubrir os gastos da atención aos seus fillos en centros externos ao Colexio deberán cubrir a solicitude a que se accede a través da ligazón:

 

ENLACE AO SERVIZO ONLINE

Unha vez dados de alta deberán cubrir os datos familiares e profesionais que se soliciten e levalo ao Centro Privado onde queren que o alumno/a sexa atendido durante o curso. Este centro a vez cubrirá parte da documentación.

 

Unha vez feitos estos pasos deberá remitirse toda a documentación xunto cos informes médicos e DNI de todos os membros da unidade familiar ao Departamento de Orientación para a súa xestión.

 

O prazo remata o día 27 de setembro polo que rogamos non deixen estas xestión para o último día entendendo ademáis que o departamento de orientación atende  os días 3, 5 e 7 de setembro e durante as seguintes semanas os mércores dende as 12:30 ata as 14:30, e xoves e venres de 9:15 a14:15.

BECAS e AXUDAS ANEAE para gabinete psicopedagóxico

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

das axudas ANEAE:

 

 

Por resolución del Secretario de Estado de Educación, F.P. y Univ. de 27 de septiembre de 2016, se amplía el plazo de presentación de solicitudes de la convocatoria da ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso 2016-2017 hasta el día 6 de octubre inclusive.

HÁBITO DE ESTUDO

Éxito escolar =

Capacidade + Interese + Técnicas de estudo +

Tempo empregado + Persistencia + Autoconfianza

Todos os rapaces e rapazas poden mellorar o seu rendemento escolar: aínda que teñan problemas para asimilar información ou falta de atención ou de motivación... 

 Lembra que a lectura supón a práctica máis importante para o estudo.  É importante adestrar a lectura comprensiva e a velocidade lectora.  

Ademáis aquí tes uns consellos para estudar mellor:

ESFORZO E MOTIVACIÓN: Aprende dos teus erros e acertos. Proponte obxectivos sinxelos que poidas cumprir. 

PLANIFICACIÓN: Fai un horario de estudo e colócao en lugar ben visible para cumplilo. O horario ha de ser realista.

AMBIENTE: Debes ter un espazo propio para estudar con pouco ruído e sen distraccións.

AXUDAS: A túa familia pode axudarche a elaborar e cumprir o horario de estudo, a planificarche, tomándote a lección, repasándoche un traballo...
A axuda da familia pode ser decisiva.

 Ademáis hai TÉCNICAS DE ESTUDO que axudan a mellorar e a rendibilizar o estudo e que poder ir entrenando:

Subliñado e anotacións á marxe

Síntese ou resumo

Esquema

Cadro comparativo

Mapas conceptuais

Fichas e ficheiros

Listas de conceptos

Cada persoa deberá primeiramente coñecelas e, despois, elixir aquelas que mellor se adapten á súa forma de aprender e reter os contidos e mesmo «adaptalas ou «inventar» novas maneiras de levalas á práctica. O importante é que nos sexan útiles, que nos sirvan para aprender mellor.

Hai una páxina web que te pode servir de axuda para entrenarte nestas técnicas:

  http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2006/aprender_estudiar/index2.html

 Le atentamente os consellos xerais e logo vai seguindo os “papiros” e facendo as actividades prácticas.

ÁNIMO QUE TÍ PODES!!

HÁBITOS NA INFANCIA

Dende o seu nacemento, os nenos e as nenas deben adquirir hábitos que lles van facilitar a vida.

Os hábitos son comportamentos aprendidos, que acaban realizándose case automaticamente, pautas estables de resposta intelectual ou conductual. Son grandes ferramentas psicolóxicas, fundamentais para a educación. Introducen orde nun mundo que descoñece, fan que sexa para eles máis predicible e máis seguro.

Na primeira infancia, os hábitos principais son os hábitos de sono, os hábitos de comida, a aprendizaxe dos ritmos, a habilidade para regular as súas emocións, para saber tranquilizarse.

Coa repetición vai organizando a realidade, soportando mellor a inquietude. Segundo crece, ten que ir aprendendo os hábitos hixiénicos, e máis tarde debe aprender a obedecer, a respectar outros nenos, etc. Hai certamente hábitos dos que terá despois que "deshabituarse, como o chupete". E hai outros que non deben adquirir. Por exemplo, o hábito de depender demasiado dos demais, o de recibir todo o que piden sen esforzo, o de esperar que alguén lles resolva os problemas.

A aprendizaxe dos hábitos esixe constancia e coherencia, pero unha vez consolidados son unha grande axuda.

Por exemplo, despois da escola, é moi conveniente organizarlles a volta á casa, a orde en que van distribuír a tarde: falar coa familia, merendar, facer os deberes, xogar, bañarse e deitarse cedo.

Debe habituarse a que a tele non ten que estar sempre posta, que hai unha hora para merendar e outra de irse a durmir, que non necesita a presenza da súa nai para quedar durmido.

O neno acaba aprendéndoo coa mesma naturalidade con que aprende que para ir ao piso de arriba hai que subir as escaleiras. Non lle gusta, pero sabe que así son as cousas.

Hai varios tipos de hábitos:

Intelectuais: aprender a falar, a pensar, a ordenar os pensamentos, máis tarde a razoar, a facer plans, a anticipar, etc

Afectivos: son os estilos emocionais básicos, a seguridade, a autoconfianza, o optimismo, a actitude activa. 

Condutuais: os hábitos de comer, durmir, atender, obedecer, respectar a orde nos xogos, aprender a tranquilizarse, a distraerse só, a compartir os xoguetes, etc.

Éticos: os hábitos morais: a sensatez, a xustiza, a valentía, a xenerosidade, a bondade.

Todos estes hábitos van configurando o carácter do neno, a súa personalidade aprendida. Son trazos psicolóxicos moi estables, que convén coidar, porque se son os axeitados van constituír os recursos fundamentais cos que vai contar o neno ao longo de toda a súa vida. Non estamos a adoutrinalo, nin limitamos a súa autonomía.

Estamos a proporcionarlle un "capital educativo".

(José Antonio Marina. Universidad de Padres)

Distribuir contido