blogue deÁngel

HÁBITOS NA INFANCIA

Dende o seu nacemento, os nenos e as nenas deben adquirir hábitos que lles van facilitar a vida.

Os hábitos son comportamentos aprendidos, que acaban realizándose case automaticamente, pautas estables de resposta intelectual ou conductual. Son grandes ferramentas psicolóxicas, fundamentais para a educación. Introducen orde nun mundo que descoñece, fan que sexa para eles máis predicible e máis seguro.

Na primeira infancia, os hábitos principais son os hábitos de sono, os hábitos de comida, a aprendizaxe dos ritmos, a habilidade para regular as súas emocións, para saber tranquilizarse.

Coa repetición vai organizando a realidade, soportando mellor a inquietude. Segundo crece, ten que ir aprendendo os hábitos hixiénicos, e máis tarde debe aprender a obedecer, a respectar outros nenos, etc. Hai certamente hábitos dos que terá despois que "deshabituarse, como o chupete". E hai outros que non deben adquirir. Por exemplo, o hábito de depender demasiado dos demais, o de recibir todo o que piden sen esforzo, o de esperar que alguén lles resolva os problemas.

A aprendizaxe dos hábitos esixe constancia e coherencia, pero unha vez consolidados son unha grande axuda.

Por exemplo, despois da escola, é moi conveniente organizarlles a volta á casa, a orde en que van distribuír a tarde: falar coa familia, merendar, facer os deberes, xogar, bañarse e deitarse cedo.

Debe habituarse a que a tele non ten que estar sempre posta, que hai unha hora para merendar e outra de irse a durmir, que non necesita a presenza da súa nai para quedar durmido.

O neno acaba aprendéndoo coa mesma naturalidade con que aprende que para ir ao piso de arriba hai que subir as escaleiras. Non lle gusta, pero sabe que así son as cousas.

Hai varios tipos de hábitos:

Intelectuais: aprender a falar, a pensar, a ordenar os pensamentos, máis tarde a razoar, a facer plans, a anticipar, etc

Afectivos: son os estilos emocionais básicos, a seguridade, a autoconfianza, o optimismo, a actitude activa. 

Condutuais: os hábitos de comer, durmir, atender, obedecer, respectar a orde nos xogos, aprender a tranquilizarse, a distraerse só, a compartir os xoguetes, etc.

Éticos: os hábitos morais: a sensatez, a xustiza, a valentía, a xenerosidade, a bondade.

Todos estes hábitos van configurando o carácter do neno, a súa personalidade aprendida. Son trazos psicolóxicos moi estables, que convén coidar, porque se son os axeitados van constituír os recursos fundamentais cos que vai contar o neno ao longo de toda a súa vida. Non estamos a adoutrinalo, nin limitamos a súa autonomía.

Estamos a proporcionarlle un "capital educativo".

(José Antonio Marina. Universidad de Padres)

Xa temos blogue!

Cliqueade na imaxe que está debaixo para acceder o blogue.

Distribuir contido