Skip to Content

Novas

Refráns do mes de marzo

O mes pasado comezamos a nosa recompilación de refráns (para poñer no taboleiro do EDLG) relacionados cos meses do ano. Agora o taboleiro ten que ser de xeito virtual, así que, aquí tedes algúns dos refráns do mes de marzo:

 

Canto sabes sobre Galicia? Quinta pregunta

Aquí tedes a resposta á cuestión de onte:

E aquí, unha nova preguntiña:

 

Canto sabes sobre Galicia? Cuarta pregunta

Aquí tedes a resposta da pregunta do venres:

Por lonxitude serían o Miño (350 km.), o Sil (228 km.), o Navia (159 km.), o Támega (145 km.), o Tambre (134 km.) e o Ulla (132 km.). Mais o Navia e o Támega non só pasan por Galicia (o Navia desemboca en Asturias e o Támega en Portugal). Así que esta cuestión podería ter varias interpretacións.

Aquí tedes unha nova pregunta:

Canto sabes sobre Galicia? Terceira pregunta

A  resposta á pregunta de onte é Estaca de Bares, un cabo situado no municipio de Mañón, provincia de A Coruña.

 

Canto sabes sobre Galicia? Segunda pregunta

A solución á pregunta de onte é: 313. Galicia ten 313 concellos dos cales 93 pertencen á provincia de A Coruña, 61 a Pontevedra, 92 a Ourense e 67 a Lugo.

 

Aquí vos deixo a pregunta de hoxe:

 

Canto sabes sobre Galicia? Primeira pregunta

Bos días! Hoxe comezamos este novo desafío. Cada día poñerase unha pregunta á que se lle dará resposta ao día seguinte. Convídovos a investigar e descubrir cousas novas sobre a nosa comunidade!!

Palabra do mes de febreiro

Pablo Vázquez, de 5º B, tróuxonos a palabra que saíu como gañadora: FALCATRUADA.

Segundo a RAG, FALCATRUADA ten dúas acepcións:

1) Mala acción, feita con engano ou trampa.

2) Acción, propia dos nenos, que pode causar perxuízo, molestia ou trastorno. 

Para todas as acepcións son sinónimos: aduanada, falcatrúa e andruviada.

As palabras finalistas foron: FILLOAS, FOLERPA, PINCHACARNEIRO, CÓXEGAS, ALECRÍN, AMOR, MAXIA e PAZ.

Palabra do mes de decembro

Emma Rico, de 5º B, tróuxonos a palabra que saíu como gañadora: BARALLOCAS.

Segundo a RAG, BARALLOCAS defínese como "Persoa que embarulla todo cando fala de tal maneira que non se lle entende o que quere dicir".

As palabras finalistas foron: CATACRESE, ENXEBRE, PANXOLIÑA, PRÓSPERO e NADAL.

Almanaque 2020

No seguinte enlace poderás ver o almanaque 2020 realizado polos alumnos e alumnas do centro.

Palabra do mes de novembro

.

Na foto podemos ver a Lucía, de 2ºB de primaria, coa palabra que escolleu: SARABIA. 

Segundo o dicionario da Real Academia Galega sarabia é: Chuvia conxelada que cae en forma de grans máis ou menos grandes.

As candidatas a palabras do mes foron: CENORIA, RIQUIÑO, LUAR, CAN, NADAL, PAPOULA e IMAXINAR.

Distribuir contido


by Dr. Radut