Skip to Content

BENVIDOS/AS

Álbum: Curso 2018-19 -> Fachada do colexio

O CEIP ANXO DA GARDA é un colexio público de educación infantil e primaria situado no barrio dos Castros, A Coruña.

Está composto por 3 grupos de infantil, 8 de primaria, 261 alumnos e 20 profesores. 

O edificio actual foi inaugurado no ano 1969. Primeiro funcionou como patronato de Caixa Galicia, sendo o profesorado funcionario público, e a partir de 1988 pasou a depender completamente da Xunta de Galicia.

A orixe do colexio remóntase a 1929, cando en distinta ubicación fundáronse as escolas "Angel de la Guarda", unha obra benéfica impulsada por Dona Angela B. de Soto.

 

Poden pinchar no seguinte enlace para ver as fotografías do centro: FOTOS DO CENTRO

 

CIRCULAR DE INICIO DE CURSO E CALENDARIO ESCOLAR 2020-2021.

 

TRÍPTICO-RESUMO DO PROTOCOLO COVID DESTE CENTRO.

Proceso de admisión curso 2021-2022. Solicitudes de admisión para novo alumnado.

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS.

Poden consultar estas listaxes no taboleiro no interior do centro ou na aplicación admisiónalumnado con Chave 365  ou certificado dixital.

Titoriais para o emprego da Aula Virtual

Estimadas familias:

 

Desde o mes de setembro e seguindo o establecido polo Protocolo COVID da Xunta de Galicia o alumnado de 3º a 6º de Primaria, acompañado dos seus titores, está asistindo á Aula de Informática do centro para formarse no uso da Aula Virtual. Trátase dunha medida de prevención en caso de ter que pasar a unha educación non presencial en determinados momentos do curso pero tamén consideramos que pode ser empregado como un recurso máis de traballo que implica diversas aprendizaxes útiles relacionadas coa competencia dixital do alumnado.

 

No caso dos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria iremos intentando que pouco a pouco tamén se familiaricen coa Aula Virtual, aínda que obviamente resulta máis complexo debido a súa idade.

 

Coa intención de facilitar o seu uso na casa deixamos un par de titoriais que poden servir tanto a alumnado como familias. O primeiro contén as instrucións básicas parta acceder á Aula Virtual do centro e o segundo explica como converter un arquivo de Libre Office Writer (.odt) a PDF para poder envialo dentro dunha tarefa á Aula Virtual. Esperemos que vos resulten útiles. Se é necesario iremos engadindo máis recursos deste tipo.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

Titorial de acceso Aula Virtual.

 

Titorial sobre como convertir arquivos .odt a arquivos .pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut