Comedor escolar curso 2022/2023

Comunícase que ten praza de comedor, para o vindeiro curso escolar 2022-2023, todo o alumnado que a solicitou.
O prazo para entregar no centro o modelo de autodeclaración será do 1 ao 8 de setembro, ambos incluídos.

Medidas de protección e seguridade, protocolo covid-19: ao respecto das medidas de protección e seguridade no contexto da Covid-19 nos comedores escolares dos centros de ensino non universitario de Galicia seguiranse as medidas en vigor en cada momento, de ser o caso, no protocolo de adaptación a este contexto.

 1. INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

2. ANEXO II. MODELO DE AUTODECLARACIÓN

3. INSTRUCCIÓN 3/2022 DA SECRETARIA XERAL TÉCNICA

4. DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares