Inicio de Sesión

1ª mostra de proxectos fin de curso

 

Fantástica xornada en comunidade, onde a rapazada explicou ás familias os proxectos elaborados ao longo do curso 2023-2024.

Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa asistencia, colaboración e bo facer!

Día mundial do medio ambiente

O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. No CEIP de Andrade, levamos todo o curso escolar traballando en prol da sostibilidade, ecoloxía, reciclaxe e coidando a nosa contorna. No día de hoxe, queremos facer un recopilatorio de todas estas actividades que repercuten directamente no medio e que axudan a mellorar o noso planeta!

Dia Medio Ambiente

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros e material escolar

 Xa está aberto o prazo para solicitar o fondo solidario de libros e as axudas para libros e material escolar. Recordade que preferiblemente as solicitudes realizaranse e presentaranse de forma telemática. Para máis información clicade na imaxe.

 

Listaxes de admisión definitiva

Podedes consultar as listaxes na secretría do centro ou ben as vosas solicitudes en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

ADMISIÓN DEFINITIVA

Letras Galegas. Maios

Vídeo Letras Galegas

A pasada semana celebramos no colexio as Letras Galegas e os Maios. Para iso, traballamos nas aulas con diferentes materias a figura de Luísa Villalta, a homenaxeada deste ano. Para poñer o broche, o xoves 16 elaboramos entre todas e todos unha alfombra de flores. E, para facer unha boa festa, tocamos, cantamos e bailamos canciones tradicionais dos Maios. Pasámolo en grande!

Maxía Pedro Bugarín

Esta mañá o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria asistiu á actuación de maxia do mago Pedro Bugarín. A temática elixida foi a Unión Europea e todos os trucos xiraron entorno a ela: moedas, bandeiras... Por aquí tedes unha mostra do espectáculo!

PEDRO BUGARÍN MAXIA

Polos creativos feira Ferrol

Onte no CFR de Ferrol tivo lugar a derradeira sesión do curso de formación para novas persoas coordinadoras de Polos Creativos. Nesta sesión tivemos a oportunidade de ser un dos centros en expor os seus proxectos dentro do programa educativo de Polos xunto con outros coles. O traballo realizado nas redes á hora de difundir os proxectos foi o principal motivo da nosa presenza Grazas ao @cfrdeferrol por contar con nós e destacar ao noso centro como exemplo de boas prácticas! Seguiremos traballando para que así sexa!!

Concerto "San Viaño"

O pasado venres tivemos unha visita especial! Membros do Conservatorio de Música Xan Viaño achegáronse ao cole para agasallarnos cun concerto fabuloso! Tivemos algunha que outra sorpresa e cantamos unha canción tod@s xunt@s! Por aquí deixamos unha pequena mostra deste día! Grazas pola visita e agardamos volver a veros pronto!

VISITA CONSERVATORIO DE FERROL