Inicio de Sesión

Excursión Pena Aventura

Para ver o vídeo premede na imaxe.

Tedes todas as fotos na nosa GALERÍA.

Resultados PDI curso 2024-2025

 Aquí tedes o vídeo do proceso electoral completo que vivimos o pasado martes no noso centro.

Premede na imaxe para saber que proxecto saíu gañador e cal é o tema que traballeroms o vindeiro curso.

Recreos residuos cero

Moi involucrados/as no coidado do noso medio e na reciclaxe, ao longo de todo o curso levamos a cabo o programa de «RECREOS RESIDUOS CERO» de @teachersforfuturespain. Isto consiste en motivar ao noso alumnado para non xerar residuos nas merendas.

A acollida foi moi boa e positiva, reducíndose considerablemente o número de envases plásticos non reutilizables e de residuos desde comezo de curso. Seguiremos esta andaina, sumándonos ao lema #SinContaminaciónPorPlásticos.

Votación PDI 2024-2025

 

O vindeiro martes, 18 de xuño, terá lugar a votación do noso PDI para o curso 2024-2025.

O alumnado e profesorado poderá escoller a súa temática favorita de entre as dúas seleccionadas: Arte e Ecosistemas.
Estamos impacientes por saber que aventura nos deparará o próximo curso.

En breve publicaremos os resultados!! 

 

 

Xornada de convivencia

 

O vindeiro xoves, 20 de xuño, convidamos a todas as familias que se incorporan ao noso centro a compartir connosco unha xornada de convivencia. 

O novo alumnado poderá desfrutar cos seus compañeiros/as de diferentes propostas e actividades na aula, dunha merenda conxunta e do xogo libre no tempo de recreo.

 

NON DUBIDEDES EN ASISTIR!

Novidades ANPA

 

 

Para máis información podedes consultar as súas redes sociais @anpa_colexioandrade ou contactar directamente a través do seu correo anpadeandrade@gmail.com

Saída Pontedeume 4º, 5º e 6º

Onte o alumnado de 4º, 5ºe 6º fixo unha saída a Pontedeume na que puideron coñecer a historia da vila facendo un roteiro polas súas rúas. Tamén tiveron tempo para facer un xogo nos xardíns de Lombardero e coñecer as árbores que habitan neles. Coñecer o seu patrimonio é parte fundamental da súa aprendizaxe!

EXCURSIÓN PATRIMONIO PONTEDEUME

1ª mostra de proxectos fin de curso

 

Fantástica xornada en comunidade, onde a rapazada explicou ás familias os proxectos elaborados ao longo do curso 2023-2024.

Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa asistencia, colaboración e bo facer!