Inicio de Sesión

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros e material escolar

 Xa está aberto o prazo para solicitar o fondo solidario de libros e as axudas para libros e material escolar. Recordade que preferiblemente as solicitudes realizaranse e presentaranse de forma telemática. Para máis información clicade na imaxe.

 

Listaxes de admisión definitiva

Podedes consultar as listaxes na secretría do centro ou ben as vosas solicitudes en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

ADMISIÓN DEFINITIVA

Letras Galegas. Maios

Vídeo Letras Galegas

A pasada semana celebramos no colexio as Letras Galegas e os Maios. Para iso, traballamos nas aulas con diferentes materias a figura de Luísa Villalta, a homenaxeada deste ano. Para poñer o broche, o xoves 16 elaboramos entre todas e todos unha alfombra de flores. E, para facer unha boa festa, tocamos, cantamos e bailamos canciones tradicionais dos Maios. Pasámolo en grande!

Maxía Pedro Bugarín

Esta mañá o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria asistiu á actuación de maxia do mago Pedro Bugarín. A temática elixida foi a Unión Europea e todos os trucos xiraron entorno a ela: moedas, bandeiras... Por aquí tedes unha mostra do espectáculo!

PEDRO BUGARÍN MAXIA

Polos creativos feira Ferrol

Onte no CFR de Ferrol tivo lugar a derradeira sesión do curso de formación para novas persoas coordinadoras de Polos Creativos. Nesta sesión tivemos a oportunidade de ser un dos centros en expor os seus proxectos dentro do programa educativo de Polos xunto con outros coles. O traballo realizado nas redes á hora de difundir os proxectos foi o principal motivo da nosa presenza Grazas ao @cfrdeferrol por contar con nós e destacar ao noso centro como exemplo de boas prácticas! Seguiremos traballando para que así sexa!!

Concerto "San Viaño"

O pasado venres tivemos unha visita especial! Membros do Conservatorio de Música Xan Viaño achegáronse ao cole para agasallarnos cun concerto fabuloso! Tivemos algunha que outra sorpresa e cantamos unha canción tod@s xunt@s! Por aquí deixamos unha pequena mostra deste día! Grazas pola visita e agardamos volver a veros pronto!

VISITA CONSERVATORIO DE FERROL

Becas NEAE

As familias interesadas en solicitar estas BECAS, deberán presentar a documentación debidamente cumprimentada e asinada no centro educativo. A partir do 1 de setembro, o Departamento de Orientación elaborará os informes pertinentes e se encargará de que as becas se envíen ao organismo responsable para a súa valoración.

Ante calquera dúbida podedes contactar co centro educativo ou chamando ao teléfono do MEFP: 910 837 937

SOLICITUDES: 

As solicitudes deben cumprimentarse de forma telemática. Podedes clicar na seguinte ligazón: sede educación.

MÁIS INFORMACIÓN:

Para coñecer a información completa podedes consultas as seguintes páxinas: información.

ESTADO TRAMITACIÓN:

Poderase consultar o estado da tramitación a través da seguinte ligazón, no apartado "Mis expedientes": estado tramitación.

 

Eumeolimpiadas 2024

Despois do parón obrigado pola pandemia da COVID-19, o Concello de Pontedeume, organiza de novo as Eumeolimpiadas, xornadas de convivencia a través do deporte, entre todos os colexios do Concello.

Xornadas onde se pretende a colaboración, sen competencia, entre os centros.

Podedes ver algunhas imaxes na galería de fotos del colexio.

Semana da saúde

 

A semana pasada celebramos no noso centro a Semana da Saúde. Para iso contamos con distintos profesionais deste ámbito que nos deron a coñecer contidos moi importantes para mellorar nosa saúde.

 

Tivemos a sorte de coñecer de primeira man o piragüismo grazas a Miguel Soro. Con el tamén aprendimos o uso correcto das mochilas escolares e a importancia da actividade física dende pequenos/as.

 

Para finalizar, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, asistiu a unha formación inicial de Primeros Auxilios e RCP, imprescindible para posuír nocións básicas.

 

Grazas a todos e todas pola colaboración e pola gran acollida destas actividades!