AVISO IMPORTANTE: NOVO GRUPO DE 4ºD EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias de alumnado de 4º D,

cando hai que crear un novo grupo coa unica intención de garantir o benestar, a seguridade mantendo a distancia social dentro da aula, e tamén o dereito a estar escolarizado para calquera alumno de educación obrigatoria, non é un proceso doado nin deixado ao arbitrio nin á improvisación.

Por suposto, a creación dun novo grupo foi unha instrución directa do inspector do centro debida á necesidade de seguir matriculando novo alumnado que chega ao centro, situación que se deu neste momento e non en outro.

Para a redistribución do alumnado en catro grupos, reuníronse durante varias horas o profesorado titor de 4º, a xefa do departamento de orientación e dirección do centro, intentando acadar os criterios mais xustos e ecuánimes  posibles, tal é como se lles comunicou o xoves 17 de setembro.  Ademais, non quixemos avanzar no proceso mentres non tivemos a confirmación de ter unha mestra ou mestre que puidera facerse cargo do grupo.

Ante unha situación excepcional e nun escenario cambiante hai que adoptar medidas excepcionais que velen polo interese colectivo, non polo particular. A prevalencia do interese xeral sobre o particular refírese ao predominio dos intereses e obxectivos  xerais e públicos, por encima dos particulares e privados. Sentimos  que, de verse afectados polo cambio, non poidan  ver que o que nos move é garantir a seguridade dos nenos e nenas, e o único que lles pedimos é un pouco de confianza no noso traballo e no noso criterio profesional.

Aclararlles tamén que non  se puido enviar antes o aviso a través de abalarMobil por varios motivos, pero dous fundamentais:

1º Caída temporal do servidor XADE, do que toma a información Abalar.

2º Cada vez que se fai un cambio en XADE teñen que transcorrer un mínimo de 24h (cando non máis) para que a información chegue aos grupos correctos. De non facelo así chega aos destinatarios equivocados, tal é como ocorreu con un grupo o mesmo venres, aviso que se eliminou de inmediato.

Sabedores deste pequeno atranco, decidiuse adiantarlles a comunicación de a que grupo ían pertencer os seus fillos e fillas, en que aula estarán e con que titora. Igualmente, adiantóuselles que se lles daría unha chamada, para darlles as explicacións persoalmente, esas chamadas comezarán a darse luns; desafortunadamente a situación de pandemia na que estamos vivindo fainos dedicar moitísimas horas a chamadas e xestións relacionadas exclusivamente coa Covid-19, que entenderán, para nós, son prioritarias neste momento.

Por todo isto, e igual que sempre,  agradecemos  a súa comprensión e colaboración.

 

Atentamente

A directora