NOTA INFORMATIVA PARA FAMILIAS E ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Aínda que as clases presenciais foron temporalmente suspendidas, o equipo docente segue a traballar para que os nenos complementen os seus coñecementos co labor que fan na casa.  

Habilitamos distintas canles para que nos poidan ensinar ese traballo, que agora é obrigatorio. Polo tanto deben enviar, cada semana, as tarefas ao profesor correspondente (ao titor e aos especialistas de Inglés, Música, Educación Física e Relixión). Estas tarefas valoraranse de cara á terceira avaliación, polo que é importante que as manden o mellor posible e na data correspondente.

Para seguir en contacto con eles, enviamos mensaxes a miúdo á plataforma Edixgal. Cómpre que se conecten á mensaxería para estar informados, comunicarse con nós, plantexar dúbidas ou aclarar calquera cuestión. 

Ademais do Abalar, sería bo achegarlle unha dirección de correo electrónico ao titor (se non o fixeron xa), para informarlles de calquera cuestión que puidese xurdir.

Agradeceríamos resposta a esta nota cun "OK" para saber que a recibiron.