Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de APDTIC, empresa adherida a CIBER.gal, e Amtega, entidade fundadora de CIBER.gal.
Sesión formativa gratuíta dirixida a persoal e dirección das ANPAs, centros docentes e pais/nais/titores legais, coa finalidade de concienciar ás ANPAs e ao ámbito educativo en xeral, da gran cantidade de datos persoais que manexan, onde un mal uso dos mesmos ou un descoido pode provocar brechas de seguridade que poñan en risco datos de colectivos protexidos como son os menores de idade. Á súa vez, ofrecer recursos e boas prácticas para fomentar a privacidade e a seguridade na relación das ANPAs cos centros docentes e os pais, nais e titores legais.
O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:
O formato da actividade será en liña, cunha duración de 70 minutos.
Data: 23 de xaneiro de 2024
Hora: 17:30 h
As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón:
https://www.encuestafacil.com/respweb/cuestionarios.aspx?EID=2925197