Enquisa de diagnose da convivencia 2023

 

 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pon en marcha este curso académico a IV macroenquisa de diagnose da convivencia escolar, dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (alumnado a partir de 5º de educación primaria, profesorado, persoal non docente e familias).

Esta iniciativa enmárcase dentro da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e o prazo de participación estará aberto desde o 2 ata o 22 de maio, ambos os dous incluídos.

Os centros educativos establecerán as medidas necesarias para o acceso do alumnado ás aulas de informática para cubrir os cuestionarios. Do mesmo xeito, facilitarán a participación do profesorado e do persoal de administración e servizos.

En canto ás familias, a dirección do centro facilitaralles as claves de acceso coas indicacións precisas sobre como actuar.

 

Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través da aplicación:

 convivenciaxestion (https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/).