blogue deA Maía

Protocolo de problemas de conduta.

 O departamento de Orientación do Centro quere compartir con todos os membros da comunidade educativa este protocolo de problemas de conduta, con pautas e estratexias, e que podedes ler completo no PDF adxunto.

 

QUE ENTEDEMOS POR PROBLEMAS DE CONDUTA?

Entendemos por problemas de conduta os comportamentos que afectan negativamente a un mesmo e o contorno no que un vive (familia, escola, traballo, veciños) por romper as normas de convivencia e deteriorar o desenvolvemento persoal e social.

Moitos dos rapaces ou rapazas poden presentar algúns problemas conductuais; non obstante, só hai un problema de conduta importante cando a frecuencia e a intensidade destes síntomas provocan unha incapacidade ou deterioración importante na vida familiar, escolar e social.

 

 

AS ESTRELAS DO ROCK

Para os que aínda non as coñecedes queremos presentarvos ás estrelas do rock!! Catro mozas de Bertamiráns que acuden ás clases de guitarra de Miguel Alonso no Ceip da Mahía e que hoxe a partir das 18.30 tamén van estar no teatro Colón da Coruña, na gala final do Quero Cantar. Queremos transmitirvos todo o noso apoio, estamos orgullosísimos de que chegaredes á final e desexamos que hoxe pola tarde brilledes como o que sodes: as estrelas do rock. Ánimo rapazas

Guía: "Axúdalle fronte ao acoso escolar"

Unha guía fronte ao acoso escolar, elaborada pola SECCIÓN DE PSICOLOXÍA EDUCATIVA DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA, que o equipo de Orientación do Centro quere compartir coa comunidade educativa.

 

 

Obradoiro de Eco percusión en primaria

Os pasados días 28, 29 e 30 de setembro tivemos un obradoiro de música, ECO PERCUSIÓN, en distintas sesións e espazos do colexio, magníficamente impartido polo músico cubano Edel, para os nenos e nenas de 2º a 6º cursos, no que, entre outras cousas, tiveron a oportunidade de tocar a batería ademais de escoitar diferentes ritmos interpretados polo percusionista como  bossa-nova,  paso dobre,  valse ou o reggaeton e tocar ritmos en eco,  empregando material de reciclaxe. Todo iso contaxiados polo entusiasmo de Edel pola música e pola percusión.

Máis fotos e debuxos dos alumnos e alumnas premendo AQUÍ

Obradoiro de ECO PERCUSIÓN

      Os pasados días 28, 29 e 30 de setembro tivemos un obradoiro de música, ECO PERCUSIÓN, en distintas sesións e espazos do colexio, magníficamente impartido polo músico cubano Edel, para os nenos e nenas de 2º a 6º cursos, no que, entre outras cousas, tiveron a oportunidade de tocar a batería ademais de escoitar diferentes ritmos interpretados polo percusionista como  bossa-nova,  paso dobre,  valse ou o reggaeton e tocar ritmos en eco,  empregando material de reciclaxe. Todo iso contaxiados polo entusiasmo de Edel pola música e pola percusión. 

 E algúns dos traballos dos rapaces:

 

  

Aviso desde a Biblioteca

Estimados pais/nais:

            

    Durante este curso escolar, os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria estréanse como usuarios autónomos da Biblioteca Escolar. Aínda que xa fixeron uso dela durante a súa etapa de Infantil acompañados polo profesorado, a partires de agora poden visitala durante os recreos e facer uso do servizo de empréstito a domicilio. Por este motivo, e para un mellor funcionamento do mesmo, pregámoslles fagan un seguimento dos libros que levan para a casa, intentando que os devolvan dentro do prazo indicado nunha das primeiras páxinas. Asi mesmo intentaremos que os coiden e respecten como un ben común a ser disfrutado por todos/as.

 

   Agardando que nos beneficiemos deste e outros servizos da biblioteca, reciban un cordial saúdo.

 

                                              O Equipo da Biblioteca Escolar.

 

Actividades de 2ºC

Os alumnos de 2ºC acompañados pola profesora Carmela visitaron as instalacións do colexio entre elas a aula  de Carmen onde os alumnos de 5º estaban traballando co Edixgal. Tamén participaron nun obradoiro de percusión (do que informaremos en detalle nunha próxima entrada).

REUNIÓN INFORMATIVA PARA NAIS E PAIS DE ALUMNADO DE 5º e 6º DE INFANTIL

Aviso de reunión:

Quedan convocados as nais/pais/titores legais do alumnado de 5º e 6º de infantil para unha reunión informativa coa titora ou titor correspondente. Ten por obxectivo clarificar diferentes aspectos relacionados co curso 2017-18. Moitas grazas.

Data: 19 de setembro (martes)

Hora: 17:00 h.

Lugar: nas aulas de cada alumno/a

 

O Equipo de Ed. Infantil.

AVISO DE REUNIÓN DO ALUMNADO NOVO DE 3 ANOS

AVISO DE REUNIÓN:

O mércores día 6 de setembro ás 17.00 terá lugar a reunión cos pais e nais dos alumnos de 4º de infantil na aula de cada titora.

As listaxes das aulas estarán expostas na porta de entrada do edificio de infantil.

Por favor, pregamos puntualidade e non acudir cos seus fillos/as para optimizar o tempo e a efectividade da reunión.

As/os titoras/es

 

Fresas na horta

    Os pequenos de infantil de 5ºA seguiron o crecemento das fresas que plantaron o ano pasado: viron aprecer as flores e cómo se iban transformando en froitos. E cando lles vían a cor axeitada recolléronas para comer na clase.

   Os de 3ºB de primaria traballaron no mantemento (CLICAR)  e ademáis plantaron na clase sementes de xirasois que despois transplantaron na horta. No enlace anterior podedes ver outras experiencias na horta que contaron no seu blog.

 

E tamén seguiron o crecemento dos maracuyas da entrada do colexio.

Distribuir contido