Os alumnos e alumnas de relixión de primaria crearon esta mostra inspirados nas alfombras florais do Corpus. É un diseño feito por eles e empregaron tanto elementos naturais (flores de hipéricos, flores secas de hortensias, froitos, café, sales tinxidas de cor, brotes verdes das tuias...) como outros artificiais (témperas, papeis de cores, cartulinas, celofán, virutas etc...)
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º asistiron o venres na Aula de Cultura de Bertamiráns á representación da obra "Jack and the giant!" representada pola compañía de teatro en inglés FACE 2 FACE.
O argumento deste conto popular inglés é o seguinte: Jack, un rapaz de familia humilde intercambia a vaca da súa familia por unhas fabas máxicas. As fabas medran pola noite e convértense nunha xigantesca árbore. Jack escala a árbore ata chegar a un palacio nas nubes onde vive un xigante...
En breve está prevista unha nova saída didáctica, esta vez cunha temática distinta, para que así os nosos alumnos e alumnas acudan ao logo da Educación Primaria, a distintos tipos de espectáculos, que resulten deste xeito máis motivadores e enriquecedores para a súa formación, non só artística, senón tamén como persoas.
Por motivos técnicos, non demos subido antes esta felicitación dixital coas postais elaboradas polos nenos. ...pero sempre chegan a tempo para desexarvos a todos un feliz e próspero ano 2019!
Varios grupos de primaria, e os maiores de infantil, asistiron á proxección dunhas curtametraxes internacionais no festival internacional de cine infantil CINEMA CRIANZA. Este é o segundo festival que se celebra en Ames, para promover o gusto polo cine, a capacidade crítica e a alfabetización audivisual entre os rapaces. Despois, os maiores fixeron unha valoración das curtas vistas que podedes ler no PDF adxunto.
Resumo feito por Gabriela López:
O RETRATO DE ELIKA. Trataba sobre unha rapaza pequena que expoñía na súa clase o país da súa nai, Irán.
INSPIRACIÓN. Un neno que lle gustaba moito o parkourpero tiña unha dificultadeporque non tiña 4 dedos dunha man pero mostroulles as persoasque todo e posible se te o propoñes
A VOZ DE NARGES. Unha nena de Irán quería cantar na mesquita mais só podían os homes, a ela non lle importou e fixo o que pudo para parecerse a un neno e ao finalcantou.
O PRINCIPIÑO. Cando somos pequenos a os nenos solen regalarlles coches e as nenas bonecas, pero en Suecia mostráronos que no só as boneca son para nenas ou os coches para nenos
FHEDI. Adicir verdade esta foi a miña curtametraxe favorita , trata sobre un neno que na escola fanlle acoso escolar mais el non llo di a ninguén ,pasa o tempo e empezaron a sair os moratóns , golpes , material roto...... E el seguía sen dicir nada .
Este ano a rapazada de Infantil, 1º e 2º celebrou o Halloween dun xeito moi...especial. Convirtíronse por uns días en 'Little wizards' (pequenos magos e magas).
Fixeron unhas fermosas ' Magic wands' (variñas máxicas) e ata estudaron 'magic spells' (feitizos máxicos) en Inglés! Fantastic!!!!
Practicaron moito...ao igual que Harry Potter na 'Howarts school' e polo visto, algúns familiares das crianzas quedaron 'frozen' (conxelados); ou con 'happy' ou 'sad' face (cara leda ou triste) Amazing!!!
Os de 4º fixeron este banco de palabras de Halloween.
Velaquí os dous 'magic spells' que máis éxito tiveron entre o alumnado...por se queredes practicalos e convertirvos tamén en 'wizards'!
Magic spell 1:
One, two, three Happy Halloween For you and me!
One, two, three Sad Halloween For you and me!
Magic spell 2:
Abracadabra,abracadu Red, pink, yellow and blue I touch my head I touch my nose One, two, three... Four, five, six... FREEZE!!!
* Para desconxelar á persoa, no canto de FREEZE, dicir GO!!!