Orientación

CONSULTAS AO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

Queridos alumnos, alumnas e familias:

No Departamento de Orientación estamos á vosa disposición para atender todas aquelas dúbidas ou consultas que nos querades formular neste tempo de confinamento. Podedes contactar con nós a través dos seguintes correos electrónicos:

conchymerayo@edu.xunta.es  (Orientadora)

estelalopezvarela@edu.xunta.es (Especialista de Audición e Linguaxe)

mpicher@edu.xunta.es (Especialista de Pedagoxía Terapéutica)

ma.teresaperez@edu.xunta.es (Especialista de Audición e Linguaxe)

Protocolo de problemas de conduta.

 O departamento de Orientación do Centro quere compartir con todos os membros da comunidade educativa este protocolo de problemas de conduta, con pautas e estratexias, e que podedes ler completo no PDF adxunto.

 

QUE ENTEDEMOS POR PROBLEMAS DE CONDUTA?

Entendemos por problemas de conduta os comportamentos que afectan negativamente a un mesmo e o contorno no que un vive (familia, escola, traballo, veciños) por romper as normas de convivencia e deteriorar o desenvolvemento persoal e social.

Moitos dos rapaces ou rapazas poden presentar algúns problemas conductuais; non obstante, só hai un problema de conduta importante cando a frecuencia e a intensidade destes síntomas provocan unha incapacidade ou deterioración importante na vida familiar, escolar e social.

 

 

Guía: "Axúdalle fronte ao acoso escolar"

Unha guía fronte ao acoso escolar, elaborada pola SECCIÓN DE PSICOLOXÍA EDUCATIVA DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA, que o equipo de Orientación do Centro quere compartir coa comunidade educativa.

 

 

Presentación do blog de Educación Emocional

    Hoxe presentamos un novo blog que xorde como froito dun grupo de traballo acerca da educación emocional,que pretende ir reflectindo a información que van  recopilando en forma de enlaces, vídeos, comentarios e recomendacións de libros…

    Chámase "EDUCANDO AS EMOCIÓNS CADA DÍA"  e a partir de agora podedes atopalo na sección do departamento de Orientación e directamente tamén na de blogs do Centro.

     Para acceder desde aquí premede na imaxe:

 

Distribuir contido