Complementarias

SAMAÍN 2020

 

Estimadas nais, pais, familias:

 

Debido á actual situación sanitaria, este ano non se realizará a exposición de cabazas decoradas e talladas que se viña celebrando todos os anos no colexio polo Samaín.

 

Por iso, este ano pedímosvos que as decoredes na casa como xa viña sendo habitual e lle saquedes unha foto que se enviará ao titor/a por correo electrónico  ao longo da semana que ven. Con esas fotos farase unha exposición en cada clase e os propios alumnos votarán a súa favorita. As que finalmente resulten seleccionadas colgaranse na páxina web do cole.

 

 

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

 

 

Equipo de dinamización de actividades complementarias e extraescolares do CEIP A Maía.

 

Concerto de Uxía Lambona e a banda molona!

"Uxía Lambona e a banda molona" entretiveron e fixeron bailar aos nenos do colexio o mércores da derradeira semana do curso. Esta montaxe son uns anaquiños da actuación.

  Este grupo pretende sobre todo divertir os pequenos, achegándolles temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, empregando novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop...) para que coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular. Foi unha actividade organizada polo Equipo de Actividades Complementarias. Pasárono xenial no concerto!

    Esta montaxe está feita con fotos durante a actuación co fondo da súa versión do "Pirimpinpin".

   Podedes ver unha selección das cancións do grupo no blog de 5ºC de infantil.

Fotocall de Entroido

 Profes e alumnos da Maía pasamos momentos moi divertidos no Fotocall pirata organizado polo equipo de Extraescolares na semana do Entroido. Puxéronse na Biblioteca caixas con material para convertirse nuns piratas moi especiais: disfraces e todo tipo de complementos. Cada grupo foi pasando ao longo da semana e poñendo o que máis lles gustaba para despois posar no barco pirata e no escenario realizados polos alumnos máis maiores.


   Alumnos maiores e profes  prepararon o escenario para o Fotocall pirata. Buscaron información, pintaron o barco, decoraron o escenario e prepararon materiais para que  os seus compañeiros atopasen todo listo para disfrazarse.

 

 

Un Nadal diferente na Maía

  Este ano tivemos "un nadal diferente" e queremos contarvos como foi. Tendo como base o libro "UN AGASALLO DIFERENTE” vimos todo o que se podía facer cun anaco de tea e unha entre moitas era facer GRILANDAS para o Nadal e adornar os corredores tanto de infantil e primaria. E ademáis queremos darvos as grazas pola vosa colaboración.

 Premede na imaxe ou no PDF adxunto para velo.

 

As cabazas do Samaín

   

SAMAIN         

   No cole o celebramos coa “Mostra de cabazas e produtos do outono”. Dende o colexio queremos agradecer o entusiasmo e colaboración das familias, pois  grazas aos seus traballos podemos realizar esta actividade, que serve para actualizar e vivir as nosas tradicións .

    Este ano cambiamos de escenario e realizouse na cristaleira do 2º andar. A biblioteca quixo participar mostrándonos  libros que fan referencia a esta época do ano e fixemos a súa lectura nun ambiente moi axeitado.

   Un vistazo á creatividade da exposición das cabazas nestes videos e nas presentacións en PDF adxuntas:

   E ademáis os equipos de dinamización de biblioteca e extraescolares colaboraron para facer unhas sesións de contacontos a cargo da profesora Mavi. Sobre todo os máis pequenos quedaron encantados!

Xogos de fin de curso

  Para rematar o curso, o equipo de extraescolares do Ceip A Maía coordinado por Mavi, organizou uns xogos con auga e balóns que puxeron a proba a axlidade e destreza dos pequenos e dos maiores. Nesta montaxe están os alumnos de infantil e os de 4º de primaria pasando unha divertida mañán!

  Neste video realizado por Paco, están os alumnos de 4º, 5º e 6º pasandoo xenial cos xogos de auga dirixidos por Mavi.

Tedes máis videos tamén nos blogs de infantil.....

E os alumnos de 5º realizaron tamén este obradoiro de percusión:

Outono/Samaín no Colexio A Maía

    Dende finais de outubro, empezamos a  pensar no outono,  que este ano non da chegado polo sol que nos acompaña…Pero como a natureza cumpre seus ciclos… aquí estamos nos, un ano máis.

   O departamento de Actividades Extraescolares propuxo facer unha mostra con cabazas e productos do outono. Desde aquí o noso agradecemento a todos por colaborar de xeito tan entusiasta!

  VER  TODOS OS TRABALLOS DE INFANTIL E PRIMARIA  AQUÍ +

Outono/Samaín no Colexio A Maía

    Dende finais de outubro, empezamos a  pensar no outono,  que este ano non da chegado polo sol que nos acompaña…Pero como a natureza cumpre seus ciclos… aquí estamos nos, un ano máis.

   O departamento de Actividades Extraescolares propuxo facer unha mostra con cabazas e productos do outono.  En estos videos que vos amosamos, están os traballos que os nenos de primaria e de infantil fixeron tanto  nas aulas como nas suas casas, en colaboración coas familias, seguindo a pauta da creatividade e empregando diversos materiais relacionados coa época.

 

    Extraescolares, en colaboración co Departamento de Biblioteca, decoraron o escenario cas follas realizadas nun taller de “pinturas de follas”.

 

 

Este taller tamén se realizou en titorias para decorar os corredores e ter unha ambientación outonal. Abaixo unha imaxe do escenario decorada polos alumnos de primaria e outra dos corredores coas follas de pasta de papel e as naturais dos de 6º A e 5ºC de infantil.

 

     Outras titorías realizaron traballos como este land art de 5ºB  de infantil e un mural estilo pop art de 5ºA infantil.

 

 

Exposición de cabazas e composicións do Samaín

     O Equipo de Actividades complementarias  convocou a todos os membros da comunidade educativa para participar na EXPOSICIÓN DO SAMAÍN. Os pais, nais, alumnos e alumnas de infantil e de primaria participaron con cabazas do Samaín e productos de Outono. Estos dous videos teñen as fotos da exposición e son unha mostra da creatividade de todos. Moitas grazas a todos por participar!

                                              Os videos con todos os traballos.

 

amadriñamentos lectores

 

As alumnas e os alumnos de 4º de primaria do Ceip A Maía  coordinados pola profe Ana do Equipo de Actividades Extraescolares, durante a hora de ler, fixeron  de madriñas e padriños lectores para os pequenos de infantil. Unha actividade na que tanto os lectores como os oíntes disfrutaron moito.

Distribuir contido