O equipo de Convivencia quere poñer a disposición de tódalas tutorías o vídeo onde se explica o funcionamento do Buzón de Convivencia que, coma tódolos anos, estará a disposición do alumnado para recoller as súas suxestións, preocupacións ou problemas que lles poidan xurdir ao longo do curso.
Convivencia escolar
Buzón de Convivencia
Dentro dos obxectivos do Equipo de Dinamización da Convivencia escolar, están entre outros:
- Promover actividades para traballar as habilidades sociais, a autoestima, a intelixencia emocional, a resolución pacífica de conflictos...
- Fomentar a participación no patio en xogos colectivos que favorezan a convivencia entre o alumnado na hora do recreo.
- Deseñar actividades que contribuan a desenvolver a competencia social e cidadá.
- Colaborar na proposta de actividades de acollida para o alumnado procedente doutros paises.
- Promover a relación de igualdade entre homes e mulleres.
Todos estos obxectivos abarcan aspectos e situacións nos que se poden dar algún tipo de problemática entre os alumnos e alumnas. Por eso, para facelos visibles, e despois tratar de solucionalos, o Equipo puxo en funcionamento o BUZÓN DE CONVIVENCIA, do que explican a súa utilidade neste video.
Si o necesitas NON DUBIDES EN USALO!