Dende mañá venres 19 de xuño até o luns 20 de xullo ábrese o prazo para solicitar praza no transporte escolar para o vindeiro curso 2020/21.
Tendo en conta a recomendación xeral de minimizar o uso de papel, a solicitude farase a través dun formulario web, ao que pode acceder dende aquí: https://forms.gle/BMRN33HYSYUcfk1H9 .
É moi importante que lean atentamente o formulario antes de cubrilo e de envialo, só permite un envío.
Ante calquera dúbida ou problema que lle xurda póñanse en contacto co centro nos seguintes teléfonos de atención:
881866002 (Isabel)
881866006 (Victoria)
LEXISLACIÓN RELACIONADA:
LEI 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. (BOE, 31/07/87). Texto consolidado, 29 de setembro de 2018.
REAL DECRETO 443/2001, do 27 de abril, sobre condicións de seguridade no transporte escolar e de menores. (BOE, 02/05/01). Modificado polo Real Decreto 894/2002, do 30 de agosto, (BOE, 31/08/02). Texto consolidado, última modificación: 5 de setembro de 2006.
DECRETO 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG, 27/06/88). Modificado polo Decreto 342/1998, do 27 de novembro, (DOG, 03/12/98) e polo Decreto 65/2014, do 28 de maio, (DOG, 10/06/14).