AVISO IMPORTANTE: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/21

 

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 20/05/2020 ata o 19/06/2020, ambos os dous inclusive.

 

Iniciase o prazo de solicitudes para a participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO), cursos nos cales, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2019/20, agás en 3º e 5º de EP, en que se permitirá a adquisición e substitución de libros de texto, de acordo co establecido na Orde do 29 de maio de 2013 (DOG do 30 de maio) pola que se determina o período de vixencia dos libros de texto e demais materiais curriculares.

 Á convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (en diante EE), así como ás axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda desta orde.

Á convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.1. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con quen conviva en acollemento familiar.

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2020/21. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a. Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2020/21, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2019/20. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación. En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito onde indique cal desexa que se tramite.

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

MODELO DE SOLICITUDE: ANEXOS I e II

ACCESO Á ORDE COMPLETA 

 

AVISO IMPORTANTE: O alumnado de 6º de primaria que o vindeiro curso (2019-20) pase para o IES deberá facer a solicitude no propio IES 

 

Prégase a toda persona que se achegue ó Centro para a entrega de documentación cumpra coas medidas de seguridade e protección contra o Covid-19 establecidas pola Consellería de Sanidade.

 

 

AdxuntoTamaño
Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.pdf201.41 KB
ANEXO I E II.pdf1.89 MB