Quédate na casa

Dende o CEIP A MAÍA queremos sumarnos a unha recomendación que xa reiteraron as autoridades, que instan á poboación a non saír dos seus domicilios na medida do posible, así como a evitar os desprazamentos innecesarios e, en calquera caso, non acudir a lugares concorridos.

Por favor, a suspensión da actividade escolar "non son vacacións, os nenos e nenas non teñen que estar no parque, non teñen que estar a quedar, non teñen que saír "

É sumamente importante, necesitamos que a xente quede en casa, é imperativo que os maiores queden na casa, e que a poboación en xeral quede en casa.

O alumnado do centro fixo uns carteis para sensibilizarnos con esta máxima.