ROSALÍA TAMÉN VIAXA EN AUTOBÚS ESCOLAR

Dende hoxe, Rosalía de Castro tamén viaxa nos autobuses da empresa Rías Baixas que nos presta o servizo de transporte escolar no centro. Por proposta de dous alumnos, Mariña e Cibrán, a empresa Rías Baixas súmase á conmemoración anual que se fai dende os centros de ensino e o Servizo de Normalización  Lingüística do Concello.

Cada autobús que fai a ruta no CEIP A MAÍA leva un cartel con poemas de Rosalía escritos e ilustrados polo noso alumnado.