Skip to Content

Plan de acollida COVID-19

Plan de Adaptación COVID-19

Plan de continxencia

O noso cole

Pinchade aquí e veredes o que traballamos!!!

 

O conxunto de maestr@s que formamos o Claustro do CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte, estamos  involucrados na educación dos noso alumnado e facemos uso das novas pedagoxías para conseguir que o noso alumnado “aprenda a aprender” a través dunha aprendizaxe significativa e constructiva,  dunha aprendizaxe colaborativa e fomentando a creatividade e a autonomía do noso alumnado.

No noso centro pretendemos formar presonas capaces de vivir e convivir nun clima de respecto, tolerancia, participación e liberdade. Para isto contamos cun Plan de Convivencia baseado na prevención e resolución pacífica dos conflictos e un equipo de alumnos mediadores que axudan con ilusión a consecución deste obxectivo.

Outra das nosas preocupacións  é a conservación do medio ambiente e a importancia duns hábitos de vida saudables. Contamos cun horto escolar no que os nosos alumnos e alumnas fan as súas plantacións e recolleitas. Participamos co noso horto no programa "Voz Natura" (plantación de tomates, leitugas, etc...); no programa "Proa" para potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado; no "Plan Proxecta" co programa Aliméntate ben no cal, durante algunhas semanas nos suministran froitas de tempada e leite para os nenos e nenas; e no programa "Edixgal" para traballar co alumnado de 5º e 6º de primaria co libro dixital. Tamén na área de Educación Física participamos en numerosos programas e distintas actividades deportivas (Remo, Tenis na escola, Esgrima, Capoeira, Rugby, Fútbol Sala có Parrulo e nalgunhas actividades que se fan no noso entorno).

Outra das nosas prioridades é o uso das Novas Tecnoloxías xa desde a educación infantil e contamos con internet e pizarra dixital en todas as aulas como apoio educativo co obxectivo de mellorar significativamente todas as competencias a través da competencia dixital.

Contamos tamén cunha biblioteca escolar incluida no "PLAMBE" da Xunta de Galicia onde o noso alumnado pode realizar distintas actividades relacionadas coa lectura e que permanece aberta polas tardes para que poidan facer uso do préstamo de libros.

.

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURSO 2021-2022

 

MATERIAL INFANTIL 3 ANOS

MATERIAL INFANTIL 4 ANOS

 MATERIAL INFANTIL 5 ANOS

 

 LIBROS 1º PRIMARIA                    MATERIAL 1º PRIMARIA

 LIBROS 2º PRIMARIA                    MATERIAL 2º PRIMARIA

 LIBROS 3º PRIMARIA                    MATERIAL 3º PRIMARIA

 LIBROS 4º PRIMARIA                    MATERIAL 4º PRIMARIA

 LIBROS 5º PRIMARIA                    MATERIAL 5º PRIMARIA

 LIBROS 6º PRIMARIA                    MATERIAL 6º PRIMARIA

 

VIII CERTAME LITERARIO ESCOLAR "INVENTA UNHA FLOR"

Un ano máis participamos no concurso literario "Inventa unha flor" organizado pola asociación sociocultural Muíño do Vento.

Podedes ver a continuación unhas fotografías d@s nos@s alumn@s clickando na imaxe así como un vídeo do evento.

CONSULTA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO

Xa están publicadas no taboleiro do centro as listaxes definitivas do alumnado admitido para o curso 21-22.

Se dispoñedes da Chave 365 ou de certificado dixital, tamén podedes velas a través de Admisionalumnado  (Informes – Admitidos ou non).

PROCESO DE ADMISIÓN E VISITAS VIRTUAIS

Neste curso tan especial, por mor do protocolo COVID-19, non están permitidas as visitas presenciais ao centro pero, intentando facilitar a maior información visual posible, achegamos unhas visitas virtuais a diferentes espazos do noso centro. Podedes acceder a estas visitas pinchando nas imaxes que aparecen a continuación.

     

         

          

          

           

           

 

 

A continuación tedes todos os datos de carácter administrativo. Pinchade nas imaxes para velos.

                     

 

 

A Xunta habilitou a seguinte web para realizar as solicitudes de admisión:    AdmisiónAlumnado   (pincha para acceder)

Ofrece varias opcións:

·    Pódese cubrir a instancia na propia aplicación e enviala de xeito electrónico, sen ter que acudir ao centro (necesítase certificado electrónico ou chave365).

·    Pódese cubrir a instancia na propia aplicación, imprimila e entregala de xeito presencial no centro.

·    Pódese cubrir a instancia na propia aplicación, imprimila e entregala de xeito presencial no centro.

 

 

 

Podedes contactar con nós de 9:00 a 14:00 horas a través do teléfono 981322905, ou a calquera hora a través do correo electrónico.

  

Agardámosvos con moita ilusión!!    

 

MANIFESTO DA PAZ

Comotivo do “Día da Paz”, o alumnado de 6º de primaria, en representación de toda a comunidade educativa, fixo un fermoso manifesto sobre a paz e sobre o Programa Mundial de Alimentos (PMA), galardoado co Premio Nobel da Paz 2020.

 

Agardamos que vos guste e desexámosvos un ano cheo de paz e saúde.

Distribuir contido


by Dr. Radut