Skip to Content

Complementarias

Conmemoramos o día da Terra

Recentemente vimos de conmemorar o Día da Terra e, entre outras iniciativas, participamos co concello nunha actividade na que continuamos a converter o noso centro nun cole moito máis bonito e agradable para todos e todas.

Neste caso nenos e nenas do centro foron acompañados por monitoras do concello coas que debuxaron fauna e flora da nosa contorna no patio de recreo para que podamos desfrutalos.

Moitas grazas aos artistas e ás súas monitoras!!!

 

 

Reestreamos a horta

No noso cole, pese a estar nunha zona moi urbanizada, queremos manternos en contacto coa natureza, por iso saímos a pasear pola contorna, visistamos os montes próximos, e por suposto coidamos do noso horto.

En anos anteriores poucas clases participaban da actividade na horta e a pandemia fixo que todo se botase a perder.

Este ano decidimos incidir moito no mantemento do mesmo, organizalo mellor e así poder desfrutalo moito máis.

Neste video podedes ver o proceso de transformación:


 

Este martes os pequenos e pequenas de 5 anos A, que xa plantaran en anos anteriores, estrearon a horta xunto a Laura e Antonioque nos ensinaron todos os seus segredos. Pouco a pouco foron uníndose outras aulas e moi pronto teremos as nosas colleitas ben grandes e fermosas.

Premede na imaxe para acceder á galería:

Participamos en ANCAS e velaquí está o noso premiado!!

Velaquí temos a Alexander Glebovich Telyatnikov no concello durante a entrega de premios.

Estamos moi orgullosos de ti!! Noraboa!!

 

Premede na imaxe ou no enlace para ver a entrega de premios.

Os valores do deporte.

Dentro do proxecto "Os nosos valores-escolas 110% branquiazuis" no que colaboran La Opinión, o Real Club Deportivo de A Coruña e Vegalsa-Eroski, o alumnado de 6º de Educación Primaria do colexio, foi invitado para participar nunha charla sobre os valores do deporte do fútbol e aproveitaron tamén para coñecer as intalacións do complexo deportivo.

Máis información en La Opinión A Coruña.

Xornada de portas abertas

Estimadas familias,

o vindeiro luns 26 de febreiro ás 17:00h., o CEIP Alborada dará a coñecer os servicios que o centro oferta así como as súas instalacións, para todos/as aqueles que por vez primeira desexen solicitar praza de matrícula para os seus fillos/as.

Animámosvos a vir!

Programa de radio desde o colexio

Se queredes escoitar o programa de radio que hoxe se vai emitir desde o noso centro, premede a partir das 12:30 na imaxe e reproducide na opción En directo. Trátase do espazo Hoy por hoy da Cadena Ser (Radio Coruña) no dial 93.4 da FM. 

Para quen non puido escoitar o programa en directo, se facedes clic na imaxe, accederedes ao seu podcast.

Entroido 2017

Como ben sabedes, o pasado venres, 24 de febreiro, celebramos o desfile do Entroido. Premede na imaxe para ver máis fotos dese gran día.

Cabazas no Samaín

Xa se poden ver na galería as fotos das cabazas coas que se decorou o centro neste Samaín.

Unha vez máis, gracias a tod@s pola vosa colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut