Skip to Content

Tan distintos e tan iguais

Os nenos e nenas deben crecer e converterse en homes e mulleres que se respecten entre sí e que se perciban como iguais en capacidade e potencialidade.

A nosa labor nese sentido, complementando a vosa como pais e nais, é presentarlle modelos e referentes que lles axuden a percibir a posibilidade de desenvolvemento independentemente do seu sexo biolóxico e identidade de xénero.

 

Neste caso podedes observar un dos talleres relacionados coa igualdade home-muller que se levou a cabo cos rapaces e rapazas máis maiores do noso centro.

Nel observamos fotografías que marcaron a diferencia, que tiñan un trsfondo social relevante e logo levamos a cabo unha experiencia con pintura e luz azul.

 

 

Ginkana pola igualdade:

Premede aquí para ver máis fotografías

 

As diferencias son o que nos fai persoas interesantes!

Neste cole temos moi claro que cada un de nós é distinto e que son eses millóns de diferencias o que nos fai máis interesantes.

Apostando sempre pola convivencia sumámonos á iniciativa e enviamos millóns de corazóns.

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> As diferencias fannos máis fortes



album | by Dr. Radut