Tódolos nenos e nenas que pediron praza no cole para o ano vindeiro están admitidos, agás a persoa que a solicitou para 3º de primaria, pois nese curso non temos ningunha praza libre.
Xa está publicada no panel da entrada a lista completa de admitidos. Cómpre que verifiquedes que efectivamente consta o voso pequeno/a por se houbera algún erro ou omisión.
Aquelas familias que queirades traer aos vosos pequenos/as ao noso colexio tedes aquí o enlace para facer a solicitude e consultar a lexislación vixente.
E neste outro enlace, un documento coa información máis relevante.