PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA.
Saíu publicada no DOG no día de hoxe a Orde do 28 de outubro de 2021, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras para o alumnado de educación primaria.
Podedes pinchar na orde o se preferides ver os documentos adxuntos (orde e anexos para cubrir).
Observacións:
- Ao alumnado que tivo axudas de material escolar da Xunta no presente curso, as máscaras seranlles asignadas de xeito directo, polo que non precisan tramitar a solicitude.
- Unicamente terán que formalizar a solicitude os alumnos que reúnen os seguintes requisitos:
1.
Que pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 € (exercicio fiscal 2019).
2.
Que estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.
A forma de presentación da solicitude é unicamente de forma presencial no colexio (do 15 ao 26 de novembro).
* O formulario de solicitude está dispoñible nos documentos adxuntos, na sede electrónica da Xunta de Galicia, no portal educativo e no CEIP Plurilingüe A Fraga.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
AnuncioG0598-081121-0001_gl.pdf | 747.25 KB |
Anexos a cumplimentar.pdf | 487.61 KB |