Skip to Content

blogue deMaria

INFORMACIÓN DO CONCELLO

Pincha nos documentos adxuntos para ver a información sobre os campamentos de conciliación para Semana Santa.

Actividades do 8 de marzo (ABRENTE)

Pincha no documento adxunto para poder ver as bases do concurso de   gif abrente animado

DÍA DA PAZ

Onte no colexio conmemoramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz.

paz                                                                    paz2

Coñecimos unha lenda que di así:

lenda

 

Nós tamén quixemos facer a nosa árbore:

arbore

 

adornos

NOTA INFORMATIVA DO CONCELLO

Informamos de que o Concello das Pontes ven de aprobar as bases para os Campamentos urbanos de Nadal 2020-2021. O prazo de inscrición comeza o venres 4 rematando o martes 15 de decembro, puidendo facerse efectiva a través do Rexistro Municipal de 8:30 a 13:30 (pedindo cita previa nos teléfonos 667 12 93 89-667 12 93 80) ou a través da sede electrónica http://sede.aspontes.com/es/index.html, desde o venres 4 ás 00.00 ata o martes 15 ás 23.59 horas. A ubicación da actividade será un centro educativo da Vila sendo informadas as familias con antelación suficiente, previo comezo da mesma. Pódense consultar as bases no taboleiro municipal, na páxina web do Concello ou no Departamento de Servizos Sociais, onde tamén se poden achegar as familias a recoller o impreso de inscrición. Para máis información pódese chamar ao 981.44.10.08 ou 667.12.93.34.

DÍA DA INFANCIA

O próximo 27 de novembro o CEIPP A Fraga  participará na Volta ao Cole de Unoentrecienmil, e aproveitaremos para dar visualización ao día da infancia, que por motivos de organización non puidemos realizar o pasado venres 20.

Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.

 Observacións

  • Aos alumnos que contan con axudas de material escolar da Xunta as máscaras seranlles asignadas de xeito directo, polo que non precisan tramitar a solicitude.

  • Unicamente terán que formalizar a solicitude os alumnos que reúnen os requisitos de renda aínda que non seu día non solicitaran as axudas de material escolar.

  • Nos arquivos adxuntos tedes os anexos para cubrir.

ACTIVIDADES 2020-21 DE ABRENTE

Novidades ANPA Medoñas

Xa está actualizado  o apartado de actividades, onde tamén atoparedes o impreso a cubrir se queredes ser socios/as.

Grazas.

Publicación da listaxe provisional de persoas beneficiarias de libros de texto

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, está publicada  a listaxe de persoas beneficiarias e de persoas excluidas dos libros de texto do fondolibros, no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre. 

As persoas interesadas poderán reclamar o luns 13 e o martes 14 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut