AXUDAS PARA ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO:
- Teñen dereito o alumnado que no vindeiro curso 2024/2025 estean matriculados en 1º e 2º de Educación Primaria.
AXUDAS PARA ADQUISIÓN DE MATERIAL ESCOLAR:
- Teñen dereito o alumnado que no vindeiro curso 2024/2025 Educación Primaria, estean matriculados dende 1º a 6º.
FONDO SOLIDARIO (banco de libros):
- Destinatarios: alumnado que o vindeiro curso 2024/2025 cursen 3º e 4º de Educación Primaria.
- O alumnado que foi beneficiario este curso do fondo de libros deberán devolver os libros antes do 21 de xuño seguindo as indicacións da/o titora ou titor, e en perfecto estado de revisión. De non ser así perdería o dereito a estas axudas.
- 5º e 6º de primaria non entrará no Fondo Solidario porque están dentro do proxecto EDIXGAL no que cada alumno terá un portátil de empréstamo e material dixital de balde, só se poderán solicitar as axudas do punto anterior para adquirir material. EDIXGAL xa está concedido para todos (non é necesario facer nada por agora).
As familias poderán solicitar estas axudas ata o venres 21 de xuño, cubrindo os anexos I e II (unha única solicitude por familia, incluíndo nela a todos os fillos matriculados en Educación Primaria neste Centro, especificando o nivel de estudos que vai facer cada un deles para o curso 24-25) e entregando a seguinte documentación:
- Fotocopia do Libro de Familia no que figuren todos os membros da unidade familiar, todas as páxinas escritas. No caso de non telo, deberá presentarse un certificado de convivencia ou Informe de Servizos Sociais.
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.
- No caso de discapacidade do alumno, do solicitante ou dalgún membro da Unidade Familiar: resolución do INSS da Seguridade Social de recoñecemento da pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez. A data de referencia é 31/12/2022.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Documentación acreditativa no caso de violencia de xénero.
- Resolución administrativa ou xudicial do acollemento.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
Atendendo ás indicacións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a solicitude pode facerse de 3 maneiras, preferiblemente, pola opción 1 (vía telemática).
- Na aplicación FONDOLIBROS e, unha vez cuberta e gardada, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
- Na aplicación FONDOLIBROS e, unha vez cuberta e gardada, imprimirase e presentarase na nosa escola
- Ou directamente presentar o Anexo I e II (Modelo ED330B) que pode recollerse no centro xunto coas copias de toda a documentación. Esta forma de presentar require que os datos sexan claros e lexibles.
IMPORTANTE:
· * Un erro nun número ou un cambio no nome pode implicar quedar anulada a solicitude. Por exemplo se o nome é: “María del Carmen” (nome que consta nos datos de facenda, no DNI, etc.) e poñemos “Mari Carmen”, ao cruzar os datos entre a Xunta e D.X.P. ou Ministerio de Facenda dará sempre un erro.
· * Cálculo da renda per cápita da unidade familiarà Calcúlase a partir do exercicio fiscal do 2022. Sumarase a base impoñible xeneral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460). Esta suma divídese entre o número de membros computables da unidade familiar no ano 2022.
Máis información no DOG do luns 20 de maio / Orde do 7 de maio de 2024
ANEXOS I e II nos seguintes enlaces.