Secretaría

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO NO CEIP ABELENDO PARA O CURSO ESCOLAR 2015-2016

 A Consellería de Cultura, Educación e O.U. da Xunta de Galicia  informa do proceso de admisión de alumnos/as para o vindeiro curso escolar 2015/2016, baseado na Orde do 12 de marzo de 2013  pola que se desenvolve o procedemento para a  admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacherelato reguladas na lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 

 

Segundo esta Orde a presentación das solicitudes de admisión (anexo II)realizarase do 02 ao 23 de marzo

 

 Documentación que debemos aportar para a solicitude de admisión

 

-  Impreso de solicitude de admisión que se pode recoller no centro ou premendo aquí. 

-        DNI no alumno/a, Fotocopia do libro de familia ou documento acreditativo da idade.

 

OFERTA DE PRAZAS:

- EDUCACIÓN INFANTIL 4º NIVEL (3 ANOS):  22 VACANTES + 3 NEAE

- PRIMEIRO CURSO DE PRIMARIA: 14 VACANTES  + 3 NEAE  

 

ÁREA DE INFLUENCIA:

Ameixoada, Casal de abaixo, Paxarín, Abelendo  e a parte superior da estrada PO-313 dende o Mirador da Fraga ata a Porta do Cego (barrios da Parroquia de San Martiño). 

Convidamos a visitar o CEIP Abelendo ós pais/nais de nenos-as da zona que cumpren tres anos no 2.015, ós pais/nais de nenos-as da zona que pasarían para 1º curso de primaria ou  para outros cursos no vindeiro curso escolar e que puideran estar interesados en reservar praza no CEIP Abelendo.

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2012-2013

 

 

O curso escolar comeza o día 12 de setembro de 2012 e remata o 21 de xuño de 2013, ambos os dous inclusive. 

 

Días non lectivos:  

  • Día do Ensino: 2 de novembro.  
  • Días de libre designación: 7 de decembro e 20 de maio 

Períodos de vacacións:  

  • Nadal: desde o día 22 de decembro de 2012 ata o día 7 de xaneiro de 2013, ambos os dous inclusive. 
  • Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2013, ambos os dous inclusive. 
  • Entroido: días 11, 12 e 13 de febreiro de 2013.  

 

Distribuir contido

Back to top