Educación musical

ENTROIDO CEIP ABELENDO 2019

O CEIP Abelendo comezou a celebración do Entroido este luns, 25 de febreiro, coas distintas ordes diarias da nosa mascota DINO, e como este ano estamos traballando o cine versaron sobre este tema. Hoxe, 1 marzo, saímos alumnos/as e familias polas rúas de Abelendo ata o adro da igrexa de San Martiño, amenizando con cancións e cun baile con distintos temas musicais de películas. Para rematar, comemos as postres de Entroido que fixeron as familias e os nenos/as para esta celebración.

Esperámovos a todos o próximo 9 de marzo no ENTERRO DA XOUBIÑA. Non faltedes!!!

 

 

 

 

 

 

JAZZ NA ESCOLA

 

O xoves 21 de febreiro, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria acudimos ao IES As Barxas para asistir a un concerto de Jazz en directo.

 

Alí atopámonos con nenos e nenas de outros coles de Moaña e cun grupo de catro músicos de Jazz que nos deleitaron coa súa música, ademais de explicarnos algunhas características propias deste estilo musical, respondendo a todas as nosas curiosidades.

 

Foi un concerto moi divertido!

 

COPLAS MAIOS

Aquí vos deixamos as coplas que cantaremos o día 30 de Marzo diante do noso Maio para festexar este día.

COPLAS MAIOS

Este é o noso Maio

que chegou adiantado

pois comeza un día antes

do primeiro de Maio

 PARA FACER ESTA COPLA

TIVEMOS QUE XUNTAR

TODOS OS NENOS E NENAS

PARA PODELAS CANTAR

TODOS OS NENOS E NENAS

PARA PODELOS CANTAR

Aa nosas familias

mandaronnos moitas flores

para colocar no Maio

e enchelo de mil cores

PARA FACER ESTA COPLA...

O chegar esta estación

fanse Maios a mans cheas

e podedes ir a velos

a Marín e Pontevedra

 PARA FACER ESTA COPLA...

Xa chegou o fin

da nosa actuación

voltaremos en dous anos

coa mesma ilusión

 

CANCION DO ENTROIDO. "OS GARDIÁNS DA TERRA E DO RECICLAXE"

A canción do entroido composta polos alumnos/as de 6º de Primaria. 

E un vídeo con todo o colexio cantando e bailando ao son da mesma:

A MUSICA CLASICA CHEGA A NOSA BIBLIOTECA

Hoxe no noso cole visitounos un cuarteto de clarinetes da escola de música CCMUS de Moaña. 

O cuarteto estaba composto por Dartañán e os tres mosqueteiros, ds Corte do Rei Sol, e tiñan a encomenda do Rei de conseguír un Chanumó que é o antepasado do clarinete. Percorreron coa música de Pachelbel, Mozatt, Kórsakov os seus paises en busca deste instrumento ata chegar finalmente a Estados Unidos e rematar en Moaña. Ensináronos como se chamanan os instrumentos; clarinete baixo, clarinete e o máis pequeno a rewuinta e tamén cales son as partes do clarinete.

Disfrutamos da música en directo e e sen saír de casa.

  

Distribuir contido

Back to top