Ola familias! Hoxe tivemos unha visita moi especial no colexio. Visitounos a Garda Civil onde nos ensinaron educación vial, o seu coche e a súa moto. Deixovos unhas fotos do ben que o pasou Milito. Unha mágoa que Abraham, debido a súa escordadura non puidera estar. Recupérate axiña!
Ola familias! Onte e hoxe no colexio os nenos/as puideron disfrutar de xogos tradicionais e un camiño sensorial onde apreciaron as diferentes texturas. Milito e Abraham pasárono xenial!
Ola familias! Aquí podedes ver como Milito e Abraham seguen a colaborar para o Proxecto que participa o no colexio o 'Nós tamén creamos'. Están feitos uns traballadores! Moi pronto poderedes ver o resultado final.
Ola familias! O noso centro está a participar No Proxecto 'Nós tamén creamos' un Programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas.
Ao longo de todo o curso, Milito e Abraham estiveron traballando as emocións. É moi importante para eles que identifiquen, expresen e regulen todas as emocións que sintan. Deste xeito van mellorar no seu comportamento.