Skip to Content

Orientación

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 2024/2025

O Departamento de Orientación componse dos seguintes membros:

Xefa de departamento: María Luisa Pérez López.

3 mestres con titorías: Marisa Vázquez Rivadulla, Marta Blanco Sarria, Javier Álvarez Ensa.

1 mestre sen función titorial: Estiven Álvarez Pereira.

1 mestra especialista en Audición e linguaxe: María Jerusalén Monjón Méndez.

REAL DECRETO 1148/2011

Ola familias coñecedes o disposto no RD 1148/2011?

Pode resultarvos interesante xa que trata sobre prestacións por coidado de fillo con enfermidade grave.

Déixovos un PDF para que poidades miralo con calma e valorar se se adapta a situación persoal de cada un/unha.

Un cordial saúdo

GUÍAS DE IGUALDADE

Estimadas familias

No seguinte enlace poderedes atopar unhas guías sobre sexualidade, coeducación e diversidade que poden resultar do voso interese.

 https://www.anpasgalegas.gal/guias-de-igualdade/

 

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NEAE

Estimadas familias,

Comezamos un novo curso cargados de proxectos e ilusións, esperamos que no verán todo o noso alumnado recargara pilas para disfrutar a tope de todo o que nos queda por diante.

Para comezar, aquí vos deixamos dende o departamento de orientación, un resumo das axudas para alumnado con NEAE. Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactar coa orientadora do centro de luns a venres de 10:00 a 14:00. 

TEÑO 21 ANOS, E AGORA QUE?

DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DEIXÁMOSVOS UNHA INFORMACIÓN SOBRE CALES SON OS PASOS A SEGUIR UNHA VEZ SE REMATE A ESCOLARIZACIÓN EN CENTRO EDUCATIVO. 

PARA CALQUERA DÚBIDA POÑÉDEVOS EN CONTACTO COA ORIENTADORA DO CENTRO.

UN CORDIAL SAÚDO

CHUS

NOVA REALIDADE NOVOS HÁBITOS

Estimadas familias

Hoxe traemos un novo documento no que dende o departamento de orientación queremos axudarvos co proceso de adquisición dos novos hábitos que a nova realidade nos obriga a aprender.

Deixamos o documento en PDF para os que queirades imprimir as frases en pictogramas.

Distribuir contido


by Dr. Radut