Skip to Content

ROSALÍA DE CASTRO

Achegamos genially sobre Rosalía de Castro con cousiñas variadas por se vos é de axuda na semana previa á celebración do seu día.

RADIO VELLE

Hoxe 13 de febreiro, aparte de ser martes de entroido, celébrase o día mundial da radio, ese pequeno aparato que hai cada vez en menos casas. 

Por elo, publicamos a primeira entrevista realizada por Radio Velle  a Manuel Penín na súa recente visita ao centro. Esperamos que vos guste e atentos a próximas publicacións.

ENTROIDO 2024

Este ano a festa de Entroido adicámola ao AMOR. O tema está moi relacionado cun poema dos que traballamos na liña temática deste curso. Cada aula, cos distintos especialistas escolleu unha cor e todos e todas fomos disfrazados de corazóns. Ahhhh e tamén apareceron unhas CUPIDAS...fermosas e cheas de amor para axudar e compartir esta bonita festa que celebramos no auditorio o pasado venres día 9 de febreiro. Agardamos que vos guste o vídeo resumo da festa.

1º TRIMESTRE AULA 1

LEMBRANZAS QUE SEMPRE PERDURARÁN NA MEMORIA E NO CORAZÓN

SAMAÍN 2023 NA AULA 1

ARTE EN VELLE

O pasado venres tivemos a visita do pintor Manuel Penín. 

A este obradoiro asistiron nunha primeira quenda as aulas 3,6 e 11.

Agardamos impacientes a segunda visita de Manuel para seguir desfrutando do obradoiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut