Skip to Content

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Non nos esquecemos de contarvos como foi a celebración das Letras  Galegas...o que pasa é que estivemos preparando os vídeos das distintas actividades que se fixeron o día 25 de maio.

 

O vídeo que acabades de ver é un resumo da festa e actividades que se fixeron e no que se ve que non faltaron nin a festa nin as gañas de pasalo super ben.

A continuación está a biografía que fixeron desde a titoría da aula 10 coa colaboración do alumnado do Programa Formativo Básico. Magnifico traballo de adaptación rapaces!!!

A nosa Sabela estivo escenificando a biografía para acompañar e facilitar a comprensión do alumnado o día 25.

 

 

No seguinte vídeo aparece a adaptación que fixo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do poema número 2 do libro Darío a Diario de Xela Arias a o que o profe Jose lle puxo música. Está ilustrado con imaxes do alumnado e das súas  familias as que lles pedimos colaboración.Foi super divertido para o alumnado facer a caracterización segundo a idade que lles tocara...Bonito traballo colaborativo tamén coas familias, moitas grazas!! 

 

En breve engadiremos outro fermoso traballo colaborativo que fixemos con algúns compañeiros do CEE Infanta Elena de Monforte de Lemos.

O prometido é debeda...aquí está o vídeo no que traballaron conxuntamente alumndo do CEE Miño e alumnado do CEE Infanta Elena. Mil grazas!! Un gustazo!

 

E para rematar, como non podía ser doutro xeito, vai un anaquico da sesión de música que compartimos no patio, onde o educador Baldomero e Sofía da aula 10 foron os encargados de poñer voz e música de acordeón a distintas cancións tradicionais galegas.

 

 



blog | by Dr. Radut