Skip to Content

SAÍDA Á PISCINA BEONE DE EIROÁS CO PRIMEIRO GRUPO DE ALUMNADO. OUTUBRO DE 2023

 

Fai hoxe, exactamente, unha semana, concretamente o xoves 26 de outubro púxose en marcha a marabillosa iniciativa  de ir á piscina climatizada de Eiroás co alumnado do centro, nesta ocasión foi o primeiro grupo. En novembro será a quenda do segundo grupo e en decembro do terceiro.

No segundo e terceiro trimestre a dinámica será a mesma. Cada grupo unha vez por trimestre.

Foi un éxito e todas e todos os implicados desfrutamos un montón.

Foi unha gran experiencia e as caras de emoción do alumnado xa o din todo!

Grazas pola organización e polo traballo feito, mereceu moitísimo a pena.

Vémonos na seguinte, que xa pronto toca...o 16 de novembro.

 



blog | by Dr. Radut