Skip to Content

blogue devanesa

VÍDEO RESUMO 1º TRIMESTRE AULA 6. CURSO 22-23

CALENDARIO DA ANPA

Fermosas fotos  e montaxe para o calendario do próximo ano 2023 que fixo a  ANPA do CEE Miño.

Máis que agradecidos co agasallo que nos fixestes!

DECORACIÓN DAS PORTAS DO COLE

Aqui vos deixamos esta presentación coas portas decoradas que fixemos no cole neste tempo de Nadal...quedaron moi lucidas...agardamos que vos gusten.

BAIXO O MESMO PARAUGAS. CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

O pasado venres, día 2 de  decembro adiantámonos un pouco para conmemorar no centro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Contamos coa colaboración da profe Vane, que estivo o curso pasado no cole, para facer a presentación e levar o fío condutor da sesión que se levou a cabo no auditorio do cole despois do recreo e durou ata a hora de comer.

NO INVERNO...ROUPA NOVA PARA PERICO

Recén saída do forno...aquí temos a nova canción para ir ensaiando: NO INVERNO...ROUPA NOVA PARA PERICO.

Algo ben fermoso faremos con ela...non hai excusas...tod@s a cantar que a melodía e ritmo son moi coñecidos!!!

RECOLLIDA DO PREMIO DE NÓS TAMÉN CREAMOS

O pasado mércores, 28 de outubro, desprazámonos ata Santiago de Compostela un pequeno grupo de alumnado, mestres e unha coida para asistir ao acto de entrega de premios ás curtas de animación en galego, no marco do programa de dinamización lingüística "Nós tamén creamos" no cal resultamos gañadores.

Foi un acto moi emotivo, presentado por Paco Nogueiras e compartido con outros dous centros de Educación Infantil e Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut