PATIOS DINÁMICOS
DINAMIZAMOS POR MEDIO DA FOTOGRAFÍA
Enviado por miriamrodriguez o Lun, 30/01/2023 - 01:00
Como ben sabedes este curso estamos de novo traballando a fotografía no PROXECTA: FOTOGRAFÍA EN CURSO.
Unha das actividades que facemos é dinamizar algunhas sesións dos recreos seguindo a proposta: ESPAZOS BALEIROS. Nas dúas primeiras sesións centrámonos nunha das partes dos patio que previamente dividimos en 3 zonas diferenciadas: zona parque, zona fútbol e zona árbores.
Comezamos a nosa andaina fotográfica na zona fútbol. Repasamos conceptos do curso pasado: enfoque, luz, manexo das cámaras, ángulos, etc.
Como vedes non se lles da nada mal!!!
A rapazada debe captar espazos baleiros de xente e reflexar nas fotos liñas, encadres, elementos naturais, tipo de luz,etc.
Tamén realizamos probas con cámaras dentro do cole.
Nestas fotos pescudamos sobre o ángulo e o punto fotográfico á hora de centrar a imaxe.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »