slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

CONMEMORACIÓN DÍA DO LIBRO 2023

 

Para conmemorar a celebración do DÍA DO LIBRO 2023 a biblioteca do Infanta fixoo a seguinte proposta de actividades:

- Unha CONTADA VIVA : na cal o alumnado do ciclo de Xardinería deu vida aos persoaxes do libro FACER DEDO de Kalandraka.

Eles mesmos realizaron o vehículo e accesorios dos aventureiros desta historia chea de atrancos e aventuras. 

Previamente seleccionamos o libro tendo en conta a súa opinión, atribuimos os papeis e comezaron os ensaios para o día 2 de maio contalo ante un público ben numeroso: o alumnado de educación infantil do CEIP A Gándara (os nosos veciños) os seus mestres e coidadores, o noso alumnado e persoal amais contamos con 2 libreiras de Monforte as propietarias da libraría Os Fedellos na cal nós mercamos moitos libriños da nosa biblioteca

Nas imaxes podedes ver como foi todo desde o comezo ata que se realizou A CONTADA VIVA

 

- Selección, traballo dos diálogos e ensaios polas tardes. 

 

 

- Elaboración do coche e vestimenta, a totalidade do atrezo empregado na CONTADA VIVA foi elaborado con materiais de refugallo e aproveitando materiais doutras actividades, disfraces e recursos xa existentes no centro, seguindo o noso PDI da biblio "FEDELLANDO COAS Rs" .

 

 

A CONTADA (2/05/2023) de 11:30 a 12:00 no noso patio exterior.

 

 

 

Outra das actividades propostas para conmemorar esta data desde a biblioteca foi O APADRIÑAMENTO LECTOR, aproveitamos para ler os maiores aos peques do cole e difundir as novidades recen chegadas a nosa BIBLIO .... de paso tamén aproveitamos para dinamizar os tempos de recreo durante tres días consecutivos : 19, 20 e 21 de abril de 2023. 

 

 

Non esquecemos que o lema deste curso desde a ASESORÍA de bibliotecas escolares de Galicia é "ESCRIBIR A BIBLIOTECA"  así que propuxemos as titorías que realizasen unha composición creativa mesturando IMAXE+TEXTO e para os peques IMAXE+ DEBUXO ou TEXTO, sobre o libro que máis lles gustou no que levan de curso. 

 

  

 

Aquí tedes o resultado final que podedes ver no corredor da 1ª planta a carón da biblioteca.

 

  

 

   Lembrade temos INSTAGRAM 

@o_recuncho_da_patilena

 

 

OS MAIOS

A Festa dos Maios, festividade de orixe ancestral, na que en épocas remotas rendía homenaxe á chegada da primavera, é a celebración en honor á natureza. En moitas localidades galegas é tradición crear rechamantes estruturas decoradas con elementos do entorno, como froitos, flores silvestres ou ovos.

Así que no Infanta celebramos todos xuntos a conmemoración dos Maios.