METEOESCOLAS

XOGAMOS CO VENTO!

Estreamos o blogue de EDUCACIÓN FÍSICA compartindo as fotografías dunha das actividades realizadas esta semana.

En Monforte non é moi habitual ter días que combinen ventos fortes e ceos despexados, polo que decidimos aproveitar estas condicións climatolóxicas e sacar a nosa cometa a voar!

Algúns xa teñen algo de experiencia, mentres que para outros é o primeiro contacto. Aínda así, a aprendizaxe no manexo é rápida.

Sen dúbida, o máis importante é o moito que desfrutamos deste contacto coa natureza e coas sensacións que nos transmite!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer